Esquerda Unida

Eva Solla denuncia a falta de previsión da Xunta de Galicia ante os colapsos nas urxencias

Compostela, 14 de decembro de 2017. A coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de denunciar que “a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias do noso país”.

Esquerda Unida insta á Xunta a esixir unha tarificación por consumo real de auga

Compostela, 28 de novembro de 2017. Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, vén de expoñer esta mañá nunha rolda de prensa en Compostela as medidas que debería poñer en práctica as administracións para garantir o subministro de auga nos concellos, unhas medidas que “neste momento se están a tomar pola vía de urxencia, xa que non había ningún tipo de previsión”, apunta.

Esquerda Unida presenta a campaña “Cambia de Bando” na que anima á migración do modelo enerxético do oligopolio a outro baseado na economía social

Compostela, 16 de novembro de 2017. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, e Guillermo Crego, membro da dirección de Esquerda Unida e responsable de Estratexias para o Conflito, veñen de presentar esta mañá en rolda de prensa a campaña “Cambia de Bando”, que ten como obxectivo animar á cidadanía a abandonar os oligopolios eléctricos en beneficio da contratación de cooperativas que usen enerxía 100% renovable baseada na economía social.

Esquerda Unida lanza duras críticas contra Somos Fene e traballará para que a moción non vaia adiante

Maricarmen Martínez lembrou que “dende Esquerda Unida xa manifestamos, en todo momento, o noso total rexeitamento ás formas de facer política de Somos Fene, polo que agora non nos sorprende o que fixo: presentar unha moción de censura conxuntamente co Partido Popular”. Segundo explicou, esta actuación irresponsable é o resultado de antepor intereses partidistas aos intereses dunha veciñanza “que non merece uns representantes de tan baixa calidade moral”.

Esquerda Unida considera que o “terrorismo incendiario” de Feijóo é non ter unha política de prevención efectiva de lumes

Para a coordinadora nacional de Esquerda Unida, a falta dunha política de prevención efectiva no dispositivo de incendios, a improvisación, a ausencia de medios materiais suficientes e a precarización dos servizos están a provocar que nestes días Galicia semellara o inferno. Mentres isto está a ocorrer, Feijóo bota balóns fóra, concretamente a Portugal e tamén ao que el chama “o terrorismo incendiario”, cando non hai máis “terrorismo incendiario” que non ter políticas activas en materia de extinción de incendios.

Esquerda Unida rexeita a custodia compartida imposta, todo un retroceso nos avances e dereitos acadados polas mulleres

Este vindeiro martes, no pleno do Parlamento de Galicia, debátese a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre corresponsabilidade coa intención, por parte dalgúns grupos parlamentares, de converter a custodia compartida imposta nunha medida habitual e xeneralizada.

Esquerda Unida denuncia á Fundación Francisco Franco pola negación de delitos de lesa humanidade e enaltecemento da figura do ditador

“Tal e como anunciamos o 11 de setembro en rolda de prensa, e despois de telo consultado cos nosos servizos xurídicos, vimos de denunciar na Fiscalía á Fundación Francisco Franco por delitos de odio e pola negación de crimes de lesa humanidade do franquismo, todo nun marco actual onde o goberno central está a permitir que se sigan a organizar actos de exaltación do fascismo”, explica Solla.

Eva Solla: “A situación actual das pensións en Galicia é totalmente insostible: temos as pensións medias máis baixas do Estado”

“A situación actual das pensións en Galicia é totalmente insostible: a nosa comunidade ten a pensión media máis baixa do Estado. O mesmo goberno inzado de corrupción mantén a maior parte das pensións por debaixo do salario mínimo interprofesional (SMI)”, explica Solla, que lembrou que as persoas maiores están a perder poder adquisitivo día a día e, en moitos casos, comezan a situarse no limiar da pobreza.

Esquerda Unida apoia a celebración dunha asemblea extraordinaria para dar unha saída cívica á situación catalana

Dende Esquerda Unida consideramos que é preciso ter vontade para abrir vías de diálogo para atopar unha solución política, non represiva, ante esta situación que se está a dar en Catalunya, tachada polos participantes desta iniciativa “de excepción”, e provocada polos constantes ataques do Partido Popular á democracia e á liberdade de expresión.
 

Eva Solla: “A teima da Consellería de Política Social de non escoitar á veciñanza de Rianxo non é comprensible”

Para Esquerda Unida, os centros de día deben ser lugares de proximidade que se convirte nun dereito da cidadanía. Segundo dicía Solla, este centro é “unha xusta petición veciñal que o Goberno galego continúa a rexeitar e que resulta difícilmente comprensible a negativa a escoitar, por parte da Xunta de Galicia, á veciñanza”, que tras unha importante recollida de sinaturas e unhas mobilizacións con forte apoio continúan na actualidade sen ser escoitada.
 

Páginas

Suscribirse a Esquerda Unida