Redacción •  Galicia • 07/04/2020

7 de abril, dá mundial da saúde no ano no que a organización mundial da saúde adica á enfermería

  • O Consello de Contas advertía no último informe que a temporalidade se ten incrementado nun 33% tan só nun ano, e a media de contratación do persoal de enfermería anual é de 24 contratos para o persoal eventual.
  • É hora de que o conselleiro de sanidade compareza para dar conta da xestión desta crise sanitaria.
7 de abril, dá mundial da saúde no ano no que a organización mundial da saúde adica á enfermería

Compostela, 7 de abril de 2020. O 7 de abril celébrase o día mundial da saúde que, neste 2020 transcorre no medio dunha pandemia mundial provocada polo Covid-19. Esta situación lévanos a reivindicar con máis forza que nunca a necesidade dun sistema de saúde público, de calidade e universal.

Neste momento de pandemia global cunhas dimensións e consecuencias descoñecidas tan só temos unha certeza, este virus combátese con medios humanos e materiais. Tal como lembraba hai uns días o Director Xeral da OMS, “a mellor defensa contra calquera brote é un sistema sanitario sólido”.

A OMS adica este ano 2020 á Enfermería, profesión que neste momento está a ser vangarda sanitaria na loita contra o Covid-19 polo que non deixa de ser “paradigmático que neste momento no que o persoal de enfermería é tan relevante para a atención desta crise sanitaria, se siga mantendo a súa precariedade”  di Eva Solla.

“Lembramos que o Consello de Contas advertía no último informe que a temporalidade se ten incrementado nun 33% tan só nun ano, e a media de contratación do persoal de enfermería anual é de 24 contratos para o persoal eventual”,  ademais neste momento de crise sanitaria “a situación non mudou, mantívose a elevada mobilidade, os contratos por días e a falta de equipos de protección individual suficientes para todo o persoal”.

A día de hoxe e tras 10 anos de goberno de Feijóo hai 450 camas hospitalarias menos e unha redución de 1100 profesionais sanitarios. Galicia non chega a ter 2 médicos especialistas por cada 1000 habitantes, en atención primaria hai menos de 1 médico por cada 1000 habitantes e o incremento dos concertos privados elévase a un 25% e detrimento do público.

Sen embargo, ante esta tendencia mercantilista, estamos a ver como solo os recursos da sanidade pública son os que poden garantir a protección da nosa saúde e facer fronte ás emerxencias. A infrautilización dos centros privados, convertidos en negocios empresariais co beneplácito dos gobernantes tamén en Galicia, pon de manifesto este interese recíproco.

Se non hai beneficio non hai actuación, así se atrevía a manifestar o presidente da Xunta de Galicia que en situación de pandemia pensaba nos custes dun servizo privatizado.

Ante isto lembramos que o dereito á saúde, é unha reivindicación mundial, que nunha situación como a do Covid-19 demostra que tan só cun servizo público forte a saúde se convirte en dereito.

Por todo elo, dende Esquerda Unida consideramos que “é hora de que o conselleiro de sanidade compareza para dar conta da xestión desta crise sanitaria, cousa que non fixo a pesares de levar case un mes despois de que a Xunta de Galicia decretase a emerxencia sanitaria e de que o estado de alarma fora decretado polo Goberno central” remata Solla.


Esquerda Unida /  Eva Solla /  OMS /