Esquerda Unida advirte de que as residencias de maiores, dependentes e menores precisan urxentes medidas de protección fronte á ameaza do coronavirus
A deputada Eva Solla advirte que os traballadores e traballadoras da consellería de Políticas Sociais están traballando en condicións precarias sen equipos de protección individual.
Para Solla, «nunha situación extrema como esta» a Xunta debe tomar medidas ao respecto e ven de anunciar que trasladará o caso á Deputación permanente do Parlamento de Galicia.
Logo do positivo declarado nunha residencia de maiores en Caldas de Reis, dende Esquerda Unida consideran imprescindible que tanto nas residencias de titularidade pública como privada se tomen medidas en materia de prevención de riscos laborais para o personal e as que sexan necesarias para a prevención de contaxios entre as persoas usuarias de estas instalacións.
Neste senso, consideran que a Xunta de Galicia debe tomar medidas de maneira urxente neste senso ao ser en último termo a responsable da seguridade e saúde laboral e preventiva da plantilla destes centros.