Redacción •  Galicia •  07/05/2024

Os datos do paro rexistrado en abril evidencian o avance da contratación temporal e parcial

Máis da metade das persoas traballadoras galegas ou non traballan todo o ano ou non completan unha xornada laboral de oito horas

Os datos do paro rexistrado en abril evidencian o avance da contratación temporal e parcial

Os datos do paro rexistrado no mes de abril en Galiza que se veñen de coñecer hoxe evidencian o avance dun mercado laboral caracterizado pola contratación temporal e parcial, xa que máis da metade das persoas traballadoras ou non traballan todo o ano ou non completan unha xornada laboral de oito horas. “Isto tradúcese nun medre da pobreza laboral, xa que pouca xente ingresa un salario suficiente para poder vivir con dignidade, o que empuxa a milleiros de galegos/as á emigración”.

Como vén sendo habitual no mes de abril as estatísticas amosan un descende o número de persoas rexistradas como desempregadas no Servizo Público de Emprego e un aumento da afiliación á Seguridade Social (SS). Este ano non foi unha excepción: o número de persoas rexistradas como paradas descendeu en Galiza un 2,1% (2677 menos que no mes de marzo). No que atinxe á afiliación á SS, aumentou nun 0,6% (6741 persoas máis ca no mes anterior), acadando 1.068.333 persoas de alta.

Esta tendencia marca claramente o carácter estacional do emprego en Galiza, xa que coa chegada da primavera e co inicio da tempada turística sempre se rexistra un descenso do desemprego. Un turismo por outra banda moi ligado ao camiño de Santiago, xa que é na provincia de A Coruña onde se rexistran os mellores datos.

Poboación parada por provincias.

     
Persoas paradas2024 Variación
 MarzoAbrilAbsoluta%
A Coruña51.36950.129-1240-2,4
Lugo12.30712.048-259-2,1
Ourense15.38614.953-433-2,8
Pontevedra49.94949.204-745-1,5
Total129.011126.334-2677-2,1

Fonte: SEPE.

Poboación parada por sectores.

 2024 Variación
SectoresMarzoAbrilAbsoluta%
     
Sector primario41844041-143-3,4
Industria12.72912.448-281-2,2
Construción87258444-281-3,2
Servizos91.79089.976-1814-2,0
Sen emprego anterior11.58311.425-158-1,4
 129.011126.334-2677-2,1

Fonte: SEPE

Por outra parte, a afiliación ao réxime xeral da SS amosa que a temporalidade no emprego continúa vixente a pesar do cambio de nome dos contratos. Son persoas con contrato fixo/descontinuo as que accederon maioritariamente ao emprego neste último mes. Concretamente o 40% das novas afiliacións foron baixo esta modalidade de contratación.

Emprego estacional, inestábel e precario

Nestas ideas afonda o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, na súa análise dos datos. “Cando se observan polo miúdo comprobamos que se trata de emprego estacional, ligado na súa práctica totalidade ao sector servizos (concentra o 70% dos novos contratos), en especial ao Camiño de Santiago (o 48% das novas afiliacións á Seguridade Social rexistráronse na provincia da Coruña). Ademais, o 40% das novas afiliacións corresponden a contratos fixos descontinuos, o que evidencia a consolidación dun mercado laboral galego caracterizado pola súa “estacionalidade, inestabilidade e precariedade”.

Afiliación ao réxime xeral por tipo de contrato e xornada.

 Total Sexo  
GalizaVariación
2024/032024/04Absoluta%
TODAS AS MODALIDADES DE CONTRATOS808.782,53815.161,8663790,8
INDEFINIDO-T. Completo471.288,63472.644,7313560,3
INDEFINIDO-T. Parcial115.044,16115.448,954050,4
INDEFINIDO-Fixos Descontinuos32.908,5835.441,2325337,7
TEMPORAL-T. Completo82.049,0582.715,41666 0,8
TEMPORAL-T. Parcial26.988,8927.523,505352,0
APRENDIZAXE, FORMACIÓN E PRÁCTICAS5.518,475.403,14-115-2,1
OUTROS74.984,7475.984,9110001,3

Fonte: Seguridade Social.

Os contratos indefinidos a tempo completo situáronse no 21%, mentres que máis da metade son fixos descontinuos ou a tempo parcial, polo que máis do 50% das persoas traballadoras ou non traballan todo o ano ou non completan a xornada laboral de oito horas e polo tanto non ingresan un salario suficiente, “o que se traduce en pobreza laboral que se disfraza de suposta creación de emprego”. E o 66% dos novos contratos son temporais, medrando unha vez máis os derivados das circunstancias de produción.

“Se a isto lle sumamos a carestía da vida e os altos prezos da vivenda temos cada vez máis pobreza laboral que dá como resultado unha maior emigración, sobre todo da xente nova, e unha caída da taxa de natalidade, afondando no grave problema demográfico que padece a sociedade galega”, sinala Sío.


paro /