La Tienda Republicana

Galicia

En Marea promoverá a incorporación da Xunta no Consello de administración de Navantia para que o Goberno galego poda intervir e dar viabilidade aos estaleiros públicos galegos

En Marea ateigou o Teatro Jofre nun encontro coa cidadanía de Ferrol na que o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, comprometeuse en lograr que a Xunta de Galicia entre a formar parte do Consello de administración de Navantia tras o 25 de setembro para que o Goberno galego poda intervir e viabilizar a vida de Navantia en Fene e Ferrol, e porque “é a única política sensata con Navantia“.

Temas: 

En Marea traslada aos traballadores de Alcoa o seu compromiso co sector industrial

Na xuntanza os representantes dos traballadores destacaron a desinformación e a falla de expectativas na fábrica coruñesa para solucionar a situación. Denunciaron a falla de información por parte da empresa nin o goberno galego así como a actitude do presidente en funcións da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, negándose a recibir e escoitar aos traballadores de Alcoa durante todos estes anos de goberno.

Compromiso integra as propostas da Rede Galega de Loita Contra a Pobreza

Como recolle o programa de Compromiso por Galicia, Bascuas recalcou a necesidade de reforzar o apoio á iniciativa social sen ánimo de lucro. No encontro falouse da necesidade de “crear estruturas que traballen doutra forma, que coordinen os esforzos en sanidade, educación, protección de menores e o resto de servizos sociais. Crear unha figura con capacidade executiva para facer máis eficientes os recursos”.

En Marea porá en marcha unha lei galega de Educación

Segundo explicou, antes de que se promulgue a Lei Galega da Educación, En Marea acometerá unha serie de accións para promover un ensino propio das necesidades socioculturais de Galicia. A primeira das medidas será a suspensión do calendario de aplicación da LOMCE pactado coa comunidade educativa e utilizando o marco do Consello Escolar de Galicia.

En Marea anuncia como prioridade do seu goberno o saneamento integral das rías e acabar coa privatización do mar que pretende o PP

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, arrancou o seu discurso en Vilagarcía de Arousa afirmando que non hai máis que mirar o tuit do PP tras ver hoxe as enquisas publicadas no que dicía: “¿Imaxinas que perdemos por un?“. “Nós dicímoslles que estean tranquilos que non vai ser por un senón por moitos máis. Cando hai medo nótase“ asegurou Villares.

Temas: 

Compromiso propón que montes e propietarios xestionen a enerxía eléctrica de Galicia

María Xosé Alfonso, alcaldesa muradá de Compromiso por Galicia, acompañou na tarde do domingo a Xoán Bascuas, nunha visita do candidato á vila. Os dous líderes de Compromiso aproveitaron para conversar da importancia dos sectores pesqueiros enerxéticos na economía galega. Bascuas falou da necesidade que ten Galicia de controlar os propios recursos, explotados por corporacións de fóra, que non atenden ás necesidades de Galicia.

Páginas