Galicia

Luis Villares destaca a capacitación profesional e solvencia política das listas de En Marea para as eleccións galegas

Así mesmo, referiuse á composición das candidaturas provinciais de En Marea que asegurou recollen a pluralidade da confluencia e conseguiu que “todo  o mundo se sinta ben representado”. Villares destacou de xeito especial a “grande capacitación de carácter profesional e a solvencia política” das candidaturas de En Marea que lograron “conformar moi intelixentemente unhas candidaturas que van ser sen dúbida unha alternativa moi boa para asumir o proceso electoral e que seducirán a maior parte da sociedade sen dúbida”.

Luis Villares será o candidato á Presidencia da Xunta con máis do 86 por cento dos apoios das bases de En Marea

A Coordinadora de En Marea presentou o venres pola tarde os datos provisionais da lista de candidatas e candidatos para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. O único candidato de En Marea  á presidencia da Xunta de Galicia, Luis Villares, foi refrendado nas primarias realizadas o día 17 e 18 de agosto polo 86,80 por cento dos participantes.

En Marea demanda ao Goberno no Congreso medidas para a recuperación da praia luguesa de Covas

O parlamentario de En Marea pón de manifesto na súa iniciativa “a regresión que desde hai anos sofre a Praia de Covas e que é obxecto dunha grande preocupación social na comarca porque observan como a súa praia urbana máis coñecida está a desaparecer debido ao impacto das diferentes obras portuarias”.

OBXECTO DE MOBILIZACIÓNS

Ana Pontón: “O BNG tende a man ás persoas desencantadas para abrir unha nova etapa o 25 S”

A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón afirmou que “non chega con dicir que Galiza é unha nación para non cambiar nada, hai que dar un paso adiante para un autogoberno real” e tendeu a man “a todas as persoas desencantadas coa vella política de promesas incumpridas e á desencantada dos líos, as loitas de poder, os personalismos e os intereses das cúpulas”.

O BNG tende a man ás persoas desencantadas para camiñar xuntas no cambio político do 25 S

Temas: 

Vintecinco candidaturas preséntanse ás primarias de En Marea

Finalmente foron 25 as candidaturas que se presentaron ás primarias de En Marea que determinarán as listas provinciais de candidatos e candidatas ás vindeiras eleccións galegas do 25 de setembro.

Pola provincia da Coruña presentáronse 6 listas, cunha participación total de 77 persoas:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/Candidatur...

Temas: 

A candidatura de "A Marea do pobo", encabezada pola deputada de AGE Eva Solla en Ponetevedra, leva 25 medidas por e para a Esquerda

A MAREA DO POBO ofrece este documento como aval da experiencia das persoas que a conforman ao longo do país e como garantía de que existe detrás das persoas un proxecto político e social. Un proxecto que ten como obxectivo animar á cidadanía galega a que o 25 S dea o seu apoio a EN MAREA e permita así poñer fin ao goberno austericida de Feijóo.

 

Páginas