Esquerda Unida traslada unha queixa formal á dirección da CRTVG ante a emisión dun programa no que se expón a unha muller a unha situación violenta coa súa ex-parella
Carta remitida á dirección da CRTVG e á responsable de Igualdade da Xunta de Galicia: Desde Esquerda Unida, organización á que represento, queremos trasladar a nosa repulsa e queixa ao acontecido na noite do xoves 8 de abril de 2021 no programa de entretemento da TVG “Land Rober Tunai Show” […]
Compostela 9 de abril de 2021. Esquerda Unida vén de remitir á dirección da CRTVG e á responsable de Igualdade da Xunta de Galicia unha queixa formal ante a emisión do programa “Land Rober Tunai Show” o pasado 8 de abril, no que se expón a unha muller, sometida publicamente a un encontro non buscado cunha ex-parella, cunha exposición pública non reclamada por ela, xerándose unha situación violenta.
Onte pasou algo gravísimo na TVG.
O programa do Land Rober Tunai Show quixo darlle unha “sorpresa” a unha rapaza do público. O seu ex agardaba fora de plató para “pedirlle perdón” e solicitarlle retomar a relación.
(Fío) @AreaDaMuller— Eva Solla Fernández (@eva_solla) April 9, 2021
Seguimos denunciando a manipulación da información na @crtvg ao servizo do partido que está na Xunta. Por moito que o director xeral diga que non é tal e se escude no xogo político. A quen lle fai sempre o xogo a Dirección? #NonÁManipulación#DefendeAGalega#VenresNegro151CRTVG pic.twitter.com/V0QsRk7tVm
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) April 8, 2021
Estes feitos vulneran todas as recomendacións e normativas existentes en materia de protección, prevención e tratamento da violencia de xénero, que á súa vez, dita emisión carece de toda ética profesional ante o tratamento tan discriminatorio cara a muller.
Adxuntamos carta remitida á dirección da CRTVG e á responsable de Igualdade da Xunta de Galicia, e esiximos unha disculpa e rectificación pública ante o acontecido e a non emisión novamente do capítulo do programa emitido o día 8 de Abril en ningún formato audiovisual.