Esquerda Unida denuncia a vulneración por parte da Xunta dos dereitos recoñecidos legalmente do alumnado migrante ao excluílo das axudas de libros de texto
A área de Educación de Esquerda Unida denuncia a exclusión, por parte da Consellería de Educación, ao alumnado migrante en Galicia á hora de acceder ás axudas on-line de libros de texto. Esta situación é moi grave ao constituír unha vulneración dos dereitos legais dun colectivo de especial vulnerabilidade, como é o da poboación migrante.

O problema vén que á hora de acceder á aplicación do fondo de libros da Consellería de Educación, única vía para conseguir esta axuda de libros de texto, a ferramenta esixe introducir DNI ou NIE, sen permitir introducir o pasaporte. Ao obrigar a facer este paso, a Xunta semella descoñecer que existen persoas migrantes que non posúen NIE e que, ao non poder cubrir este apartado, resúltalles imposible acceder a estas axudas.
É por isto que Esquerda Unida denuncia que o departamento dirixido por Román Rodríguez está a vulnerar a lei vixente. Na disposición adicional décimo novena da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, reguladora do dereito á educación pode lerse: “O establecido nesta lei en relación coa escolarización, obtención de títulos e acceso ao sistema xeral de bolsas e axudas ao estudo será aplicable ao alumnado estranxeiro nos termos establecidos na Lei orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos Estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei Orgánica 8/2000, de 22 de decembro, e na normativa que a desenvolve”.
Doutra banda, o artigo 9 da lei Orgánica 2/2009, de 11 de decembro, de reforma de la Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social establece que a poboación estranxeira menor de dezaseis anos ten o dereito e o deber á educación, o que inclúe o acceso a unha ensinanza básica, gratuíta e obrigatoria. Engade que “este dereito inclúe a obtención da titulación académica correspondente e o acceso ao sistema de becas e axudas nas mesmas condicións cos españois”.
É por isto que dende Esquerda Unida facemos un chamamento á rectificación urxente por parte Consellería de Educación para que inclúa a posibilidade de acceder ás axudas tamén a través do número do pasaporte ou ben, nos casos que existen onde non o haxa —e non por vontade propia das persoas migrantes—, que se determine un protocolo supletorio desde o departamento de políticas sociais dos concellos de residencia, en cooperación coa Xunta, que permita un acceso, agora inexistente, ás axudas de libros de textos.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
