Redacción •  Galicia •  26/11/2022

CCOO insta a Xunta a retirar a súa campaña do 25N por poñer o foco sobre as mulleres e non sobre os agresores

  • Para o sindicato resulta «intolerable» un cartel distribuído polo Goberno galego coa seguinte mensaxe: «Vístese coas mallas de deporte. Vai correr pola noite. Que sucede agora? Non debería pasar, pero pasa».
CCOO insta a Xunta a retirar a súa campaña do 25N por poñer o foco sobre as mulleres e non sobre os agresores

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia insta a Xunta a retirar a súa campaña do 25N por poñer o foco sobre as mulleres e non sobre os agresores.

CCOO lémbralle á Xunta de Galicia que as mulleres «podemos saír cando queiramos, por onde queiramos e vestidas como queiramos» e censura que, «unha vez máis», desde os poderes públicos se emitan mensaxes que «culpabilizan as vítimas sobre as posibles agresións en vez de dirixirse a quen as perpetran».

Para o sindicato, a mensaxe é «máis desafortunada se cabe» en pleno debate social sobre a aplicación da lei de liberdade sexual, «unha conquista histórica do movemento feminista que supón un cambio de paradigma ao xirar sobre o consentimento e non nas condicións da vítima».

CCOO conclúe lamentando o «evidente retroceso» que supón esta campaña da Xunta de Galicia, polo que insiste na súa «retirada inmediata», ao tempo que lle esixe á Administración autonómica unha «profunda reflexión» ao respecto.


Día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres /