O Tribunal Supremo lexitima a CCOO na demanda contra o despedimento colectivo de Uber
O alto Tribunal declara nula a sentenza da Audiencia Nacional que consideraba falta de lexitimación a CCOO para impugnar o despedimento colectivo de Uber.

O pasado 17 de xaneiro de 2022 a Sala do social da Audiencia Nacional desestimou a demanda presentada por CCOO Servizos contra o despedimento colectivo de Portier Eats Spain (empresa que xestión a aplicación de UberEats, entre outras), alegando falta de lexitimación das partes.
Ante este fallo, CCOO Servizos xunto a UGT presentou recurso de casación eo Tribunal Supremo ha dado a razón aos sindicatos. Declara que existe lexitimación activa das partes demandantes e, ademais, ten por ampliada a demanda contra a mercantil “UberSystems Spain SL”.
O Supremo falla tamén a nulidade das actuacións levadas a cabo pola AudienciaNacional ata o momento de presentación da proba e sentenza que siga o procedementopolos seus trámites, con citación a xuízo e posterior sentenza da devandita sala.
Desde CCOO consideran moi importante o fallo de Tribunal Supremo que pon en valor a lexitimación dos sindicatos máis representativos para impugnar o despedimento colectivo, garantindo, así mesmo, o dereito á tutela xudicial efectiva.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
