Visto para sentenza o primeiro dos xuízos polos despedimentos masivos de Cándido Hermida
Hoxe quedou visto para sentenza no Xulgado do Social número 1 de Ferrol o primeiro dos xuízos polos despedimentos no grupo empresarial Cándido Hermida, que rexeitou a conciliación previa no SMAC.

As persoas despedidas foron arroupadas ás portas da sede xudicial por delegadas e delegados de Comisións Obreiras e da CIG. Ambos os dous sindicatos denuncian a progresiva precarización das condicións laborais e a represión sindical. Todo isto, malia ter carga de traballo e prestar servizo para importantes firmas como Inditex ou Desigual, ademais do negocio dos iates de luxo.
A comezos de ano, Cándido Hermida despediu 23 persoas, algunhas con case tres décadas de experiencia na empresa.
A secretaria xeral de CCOO do Hábitat, Alejandra Gesto, denuncia que a empresa «ten unha carga de traballo descomunal e o nivel de subcontratación é enorme», polo que o sindicato coida inxustificados os despedimentos.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
