Traballadoras da limpeza péchanse no edificio administrativo de Lugo para reclamar a intervención da Xunta
- As traballadoras denuncian que a patronal ten secuestrada a negociación colectiva e que quere impor un convenio con táboas por debaixo do salario mínimo.

Un grupo de traballadoras da limpeza e representantes da CIG están pechadas e encadeadas nas escaleiras da entrada do edificio da Xunta de Lugo para reclamar a intervención decidida da administración galega no conflito e parar os abusos patronais.
As traballadoras denuncian que despois de 61 días en folga, cunha patronal que ten secuestrada a negociación colectiva e que quere impor un convenio con táboas por debaixo do salario mínimo, a Xunta non pode seguir mirando para outro lado e ten que actuar xa.
6.000 sinaturas en apoio ás traballadoras
De xeito paralelo, este venres entregáronse no rexistro da Xunta as 6.000 sinaturas que as traballadoras recolleron entre a cidadanía de Lugo en apoio a súa loita e en solidariedade coas súas xustas reivindicacións por un convenio digno. A recollida realizouse na caravana que as traballadoras teñen instalada na explanada do edificio multiusos dende hai preto dun mes.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
