Redacción •  Galicia •  03/05/2021

Alertan aos concellos mineiros da afección á saúde polo envelenamento por metais pesados

  • Ecoloxistas en Acción presenta aos concellos afectados pola minaría metálica un informe sobre os graves prexuizos á saúde que causa a contaminación ambiental por metais pesados.
  • A organización ecoloxista advirte aos concellos afectados polas explotacións mineiras  que non deben seguir desdeñando o grave risco para a saúde que xenera as altos índices de concentración de metais no ambiente.
  • O informe reflicte que os metais pesados son extremadamente perigosos porque tenden a bioacumularse. A bioacumulación, sinalan,  significa un aumento na concentración dun produto químico nun organismo biolóxico nun certo prazo, comparada á concentración do produto químico no ambiente.
Alertan aos concellos mineiros da afección á saúde polo envelenamento por metais pesados

Algúns metais pesados son esenciais manter o metabolismo do corpo humano, pero en concentracións máis altas poden conducir ao envelenamento. O envelenamento por metal pesado ven provocado usualmente pola contaminación da auga potable, polas altas concentracións no aire preto de fontes da emisión, ou a través da cadea alimenticia.

Os metais pesados son moi raros na súa forma pura na natureza, presentándose normalmente en forma de óxidos, carbonatos, sulfuros ou sulfatos. A apertura de galerías nas zonas mineralizadas, a trituración das rochas, aumentando a súa superficie de contacto e concentración dos elementos metálicos para o seu beneficio comercial, aplicando métodos químicos e mecánicos, e a exposición atmosférica prolongada en escombreiras tornan biodisponíbeis elementos que no seu estado natural estarían inmobilizados de xeito seguro no subsolo.

Fontes de contaminación

As tres fontes de emisións contaminantes son as drenaxes ácidas de mina procedentes dos desaugues, a lixiviación dos materiais das escombreiras e acumulación e a descarga asociada ás presas de colas mineiras.

A actividade mineira lanza aos ambiente metais tóxicos como chumbo,  mercurio,  cadmio,  e arsénico moi daniños para a saúde humana e para a maioría de formas de vida. Os metais orixinados nas fontes de emisión xeradas polo home ( antropogénicas) atópanse na atmosfera como material suspendido que respiramos. Doutra banda, as augas residuais non tratadas, provenientes de minas, chegan aos ríos e os residuos industriais contaminan as augas subterráneas. Cando se abandonan metais tóxicos no ambiente, contaminan o chan e acumúlanse nas plantas e os tecidos orgánicos.

O perigo dos metais pesados é maior ao non ser química nin  biolóxicamente  degradables. Unha vez emitidos, poden permanecer no ambiente durante centos de anos. Ademais, a súa concentración nos seres vivos aumenta a medida que son inxeridos por outros, polo que a inxesta de plantas ou animais contaminados pode provocar síntomas de intoxicación.

Bomba química de reloxaría

A contaminación persistente orixina unha cadea de eventos ou procesos que provocan de xeito diferido e repentino efectos dañinos sobre o ecosistema a causa da mobilización de elementos químicos acumulados nos solos, sedimentos ou depósitos.

Os sedimentos teñen unha notábel capacidade de almacenar e manter en condicións de inmobilización substancias tóxicas perigosas, xerando os chamados «sumidoiros químicos». Estes sumidoiros non eliminan os metais pesados senon que provocanunha emisión diferida de contaminantes moi perigosa que convirte ao chan nunha ‘bomba química de reloxaría’».

Cadros clínicos

Os metais, como calquera outro grupo de axentes químicos, poden producir unha patoloxía aguda, desenvolta rapidamente tras o contacto cunha dose alta, ou crónica por exposición a dose baixa a longo prazo.  As exposicións a doses baixas a longo prazo, procedentes de fontes alimentarias ou ambientais, poden producir os cadros típicos de intoxicación crónica).

As manifestacións  clinicas das intoxicacións por metais caracterizan pouco á intoxicación de que se trate, especialmente en fases iniciais. Tenden a ser  inespecíficas, xerais e afectan a moitos órganos e sistemas con síntomas similares:

  • Dixestivo: se é a porta de entrada producirá:  nauseas, vómitos, diarreas, dor abdominal; diferenciándose na intensidade.
  • Respiratorio: en inhalación, síntomas  irritativos, tose,  disnea,  distrés respiratorio, fibrose.
  • Neuropsiquiatrico: certo predominio de  neuropatías periféricas e tamén deterioración cognitiva, alteracións  conductuales.
  • Pel: dermatosis, eccemas de contacto, con algunhas peculiaridades como a  alopecia no talio.

minería /