Redacción •  Galicia •  25/08/2017

Esquerda Unida esixe a cancelación da concesión das navieiras que incumpliron o cupo de visitantes ás Illas Cíes

Esquerda Unida esixe a cancelación da explotación das navieiras que puxeron en risco a seguridade de milleiros de persoas e a conservación do ecosistema das Illas Cíes sobrepasando o cupo de persoas diarias permitidas para acceder á Illa.

Esquerda Unida esixe a cancelación da concesión das navieiras que incumpliron o cupo de visitantes ás Illas Cíes

O Parque Nacional das Illas Atlánticas, é sen dúbida un reclamo turístico para Galicia, é por elo que a súa denominación esixe dunhas medidas de protección especiais para estes espazos insulares que posúen un ecosistema delicado no que se pon en valor precisamente a conservación do ecosistema e da súa biodiversidade, a mesma que se está a atacar poñéndoa en perigo cando se supera o límite establecido de visitantes.

Dende Esquerda Unida consideramos un grave atentado medioambiental a desprotección consentida do arquipélago por parte tanto da administración pública como da explotación privada dalgunhas navieiras que priorizan o seu beneficio curtoplacista ante a conservación do patrimonio natural.

Ao atentado ecolóxico que supón esta práctica mercantilista da explotación natural, súmase a irresponsabilidade que supón transportar a milleiros de persoas a un espazo que carece de medidas suficientes tanto para evacuación como para atención sanitaria en caso de emerxencia. É dicir, con esta práctica tamén se pon en risco a seguridade das persoas transportadas polas navieiras ás Illas.

Dende Esquerda Unida defendemos un modelo de turismo que garanta a salvagarda do noso patrimonio para o que é fundamental definir unha estratexia de xestión turística viable no social, no económico e no ambiental. Só mantendo este equilibrio preservaremos o patrimonio e evitaremos o impacto e deterioro irreversible que supón a masificación destes lugares.

Por todo isto, dende Esquerda Unida consideramos que ante a reiterada e irresponsable actuación dalgunhas navieiras con respecto á conservación do parque natural e á seguridade das persoas transportadas, a administración pública debera rescindir o contrato de explotación das navieiras implicadas


Esquerda Unida / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com