Ernesto Ilkermn - Roberto Solano •  Galicia •  21/02/2017

Un millar de persoas despiden en Redondela a Sesé, a última víctima de violencia de xénero

Emotiva e multitudinaria concentración na Alameda de Chapela ao día seguinte do asasinato dunha veciña polo seu ex- que tamén morreu cando incendiou a casa na que xa non convivían.

Un millar de persoas despiden en Redondela a Sesé, a última víctima de violencia de xénero
A dor era visible nas lágrimas das amigas de Sesé, nos berros de desesperación ante un caso de violencia de xénero con resultado de morte da muller, e no rostro da súa amiga Lucía que, de xeito expontáneo, amosou toda a dor que supón que Sesé xa non estea con nós por culpa dun criminal, dun machista que xa ameazara con volar a casa.
 
 
Pola mañán, cando se confirmaron os indicios que apuntaban a que se trataba dun asasinato, xa se concentraran diante do Concello que deixou claro, como a veciñanza, que Redondela rexeita a violencia de xénero. 
 
Na casa onde no seu día conviviran Emilio Fernández Castro, o asasino, e Sesé, a víctima, os bombeiros de Redondela continuaban apuntalando o piso onde se produciu a deflagración que case fai saltar polos aires a do lado. Inda cheira a fume, está o precinto xudicial, e os restos do que un día fora un fogar… destrozado por un asasino que deixou ao fillo da sua ex- cos avós antes de acabar ca vida dos dous na noitiña do 20 de febreiro, prendendo lume cunha garrafa de gasolina tras manipular dúas bombonas de butano.
 
Fronte a tal barbarie cómpre a unidade de todas e todos e máis medios educativos, xudiciais e policiais para que nunca máis teñan que ir os mass media a contar unha desgracia. Porque no que vai de 2017 xa asasinaron a 13 mulleres. E non se pode tolerar o feminicidio en pleno século XXI.
 

feminicidio /  machismo /  Redondela /  Violencia de Género /