Redacción •  Galicia •  08/11/2021

A dirección nacional de Esquerda Unida non apoiará unha moción de censura co PP no Porriño

Dende hai meses tanto EU SON como a executiva nacional de Esquerda Unida, veñen denunciando a grave situación política e institucional que vén sufrindo o concello do Porriño.

A dirección nacional de Esquerda Unida non apoiará unha moción de censura co PP no Porriño

Ademais das actuacións do equipo de goberno municipal e da alcaldesa, Eva García de la Torre, cunha xestión discutible e máis que cuestionable hai que sumar o acoso constante ó que veñen sendo sometidas, por parte da alcaldesa, ás concelleiras de EUSON 

Segundo a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, ¨entedendemos a difícil situación que atravesan as compañeiras e compañeiros do Porriño e de feito hai unhas semanas dirixímonos publicamente á dirección nacional do PSdeG para perdirlles que tomasen decisións en relación coa situación que atravesa o concello»

Non é só, segundo Eva Solla un problema «onde non se facilita documentación solicitada, non se responden ás preguntas das concelleiras que se realizan nos plenos ou se falte ao respecto en público ás concelleiras que fan o seu labor de oposición» a consecuencia do goberno bipartito de PSOE e BNG afecta directamente á cidadanía con «ausencia de aprobación dunhas contas que dean un orzamento ó Porriño, non ser capaz de sacar ningunha iniciativa adiante, seguir sen ter nin un mínimo esbozo de plan xeral de urbanismo e que incumpre cos acordos cos que se comprometeu cando EU SON deu o voto favorable á investidura da alcaldesa nas eleccións municipais»

É inasumible que con todos estes feitos e con estes antecedentes o goberno municipal do Porriño, siga manténdose no poder sen ningún tipo de cambio, como se trasladou tanto no ámbito local, con varias reunións con PSOE e BNG como no nacional co chamamento á dirección do PSOE como se menciona anteriormente, non habendo ningún tipo de reacción por parte das súas direccións, ainda sendo coñecedores da gravidade da situación.

Respecto a a firma da moción de censura «a executiva nacional de Esquerda Unida non apoia a posibilidade de asinar unha moción de censura co Partido Popular e así se lle fixo saber ás nosas compañeiras e compañeiros do Porriño» engadindo «a pesar de saber o negativo que é o goberno municipal actual, a nosa organización política non avala nin avalará un goberno de dereitas no Porriño en ningunha ocasión»

A executiva nacional polo tanto comunica con rotundidade que, non avala de ningúnha forma, e rexeita categoricamente a firma dunha moción de censura co Partido Popular.


Esquerda Unida /