Aumenta un 4,6% o número de denuncias presentadas por violencia de xénero en Galicia
Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre do ano 1355 denuncias por violencia de xénero, un 4,6% máis que no mesmo período do ano anterior, cando se presentaron 1295. Descende, con todo, o número de mulleres que aparecen como vítimas, de 1156 nos tres primeiros meses do ano pasado ás 1139 deste ano. Segundo os datos estatísticos feitos públicos esta semana polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en Galicia diminúen os casos de vítimas que se acollen á dispensa para non declarar. Se nos tres primeiros meses de 2015 optaron por esta opción o 5,7% das mulleres, este ano a porcentaxe reduciuse ao 3,7%.

Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
