Galicia • 11/10/2019

Os estudantes de Ourense mobilizámonos en defensa das bibliotecas e dos espazos públicos de ensino

O estudantado ourensán organizase en asemblea aberta para esixir melloras nos centros de estudo públicos da cidade.

Os estudantes de Ourense mobilizámonos en defensa das bibliotecas e dos espazos públicos de ensino
Ourense, xoves 10 de outubro
 
A protesta xorde dunha necesidade latente non só de dar resposta a un problema de horarios da biblioteca universitaria Rosalía de Castro, pechada os fines de semana e con horarios reducidos nas vacacións, senón tamén de evitar que as condicións indignas nas que se atopa a biblioteca municipal se trasladen con ela á súa nova ubicación no barrio de San Francisco.
 
Consideramos que este problema non se reduce ao estudantado, xa que é unha mostra máis da falta de interese dos responsables desta cidade coa cultura.
 
É o momento de unirnos e loitar para reverter esta situación e conseguir os espazos e condicións de estudo que merecemos. 
 
Por iso, a asemblea aberta de estudantes de Ourense esixe a apertura da biblioteca universitaria coas mesmas condicións que existen noutros campus, así como a responsabilidade do goberno local e da Xunta para asegurar unhas condicións axeitadas nas bibliotecas públicas.

Asemblea Aberta Estudantes Ourense /