André Abeledo Fernández •  Opinión •  26/08/2021

A ninguén lle importa Afganistán

Trás as vergoñentas declaracións de Biden e da OTAN, donde fan responsables do desastre ó gobierno afgano que eles mesmos puxeron no poder, ¿que podemos esperar?.
Pois que tamén a Unión Europea recoñeza de facto, en boca de Borrel, ó réxime Talibán, como interlocutor válido, unha auténtica vergoña.
Nin a EEUU, nin a Occidente, tenlle interesado nunca deixar trás de sí un Afganistán realmente libre e coa forza suficiente para combatir ó Talibán.
A ninguén lle importa Afganistán, nin as súas sus mulleres, nin os seus nenos. O pobo afgano é unha víctima que non interesesa, hoxe ocupan horas de televisión pero mañá serán esquecidos.
Alegrame saber que o calvario en Kabul da capitana afgana de baloncesto en cadeira de rodas esté a punto de terminar. Eso nos din pola televisión, pero ninguén pregunta donde está o resto do equipo, parece un exercicio para que poidamos levar mellor o peso das nosas conciencias, unha magoa que vivamos nunha sociedade tan hipócrita.
Ela xa está no aeroporto e a agardando un vó cara o Estado español, pero miles de nenas e mulleres afganas quedan abandonadas a súa sorte no infierno Talibán.
Desgraciadamente o que realmente lles interesesa de Afganistán é o Zinc, o Coltan, o Opio, a súa su situación xeoestratéxica.
O pobo afgano é refén do Talibán, é un limón a exprimir ata a última gota.
Afganistán e o seu pobo teñen sido entregados ó Talibán, a cambio os talibanes venderán os seus recursos a bo prezo a multinacionais que logo farán o mesmo en todo o mundo.
Is recursos enerxéticos afganos serán vendidos a prezo de saldo a multinacionais que os venderán a outras multinacionais de Occidente, dese mesmo Occidenta que hoxe finxe escandalizarse pola situación dos dereitos humanos en Afganistán.
O Talibán seguirá tamén co negocio do Opio.
Cando os EEUU e os seus satélites estaban sobre o territorio de Afganistán o Opio afgano representaba máis do 90% da producción mundial.
Afganistán será un negocio redondo para o Talibán e as multinacionais sin escrúpulos, realmente como xa o viña sendo ata agora.
A diferenza é que hoxe o pobo afgano volve a baixar ó inferno do réxime Talibán donde a muller nin sequera existe. A diferenza é que hoxe o mundo esta matando a pouca esperanza que lle quedaba ó pobo afgano.

Opinión /