André Abeledo Fernández •  Opinión •  20/09/2021

A xustiza non é igual para todos.

Dende a miña percepción e penso que tamén de boa parte da sociedade , a xustiza non é igual para todos.
Que a xustiza non é igual para todos é unha verdade atemporal, universal e tamén incómoda para moitos.
A xustiza non é igual para todos, non solo porque este politizada, que tamén, senón sobre todo porque a xustiza é clasista e diferencia entre clases sociais cando da o seu veredicto.
Exemplos hai para encher un petroleiro, pero co exemplo do emérito por esta vez me quedo.
Temos unha xudicatura que está tomada polos conservadores dende o franquismo, que é maioritariamente de dereitas.
Entre outras cousas porque a carreira de xuíz é longa e cara, e difícilmente os fillos dos obreiros poden intentar ser a excepción que confirma a regla.
Por eso permitir no Estado español que os xuíces se elixan entre eles sería agudizar aínda máis o problema e pechar o círculo para que os poderes facticos controlen para sempre e por completo a xustiza.
O problema solo pódese solucionar cunha vontade real de democratizar a xustiza, e permitindo que as fillas e fillos da clase traballadora ocupen na parte que lles pertence, por xustiza, postos de responsabilidade na xudicatura.
Ata entón a xustiza estará en entretido e uns a sufriremos máis que outros.

Opinión /