André Abeledo Fernández •  Opinión •  17/01/2022

Fútbol profesional, fútbol apodrecido.

Se teñen cargado o fútbol convertendo un xogo, un deporte, nun simple, vulgar e suxo negocio.
O fútbol é o xogo uego da clase traballadora e tamén era o xogo de todos, dende o barrio máis humilde, ata as aldeas, pasando polos cerros e as fabelas, o fútbol é para moitos casi unha relixión, un xeito de vivir e ata de sentir.
Pero despois de levar a supercopa a Arabia Saudí e o Mundial a Qatar, o fútbol profesional dá un paso máis cara a vergoña, deixa de ser definitivamente un deporte, e tamén inténtase roubar o xogo ao pobo para poñelo ao servizo de sátrapas e multimillonarios sin escrúpulos.
Maradona é para min e para moitos o futbolista máis grande da história, o mago do balón, a man de deus, Maradona dixo que «a pelota non se mancha», e tiña razón, a pelota seguirá sendo de todas e todos.
Maradona era o fillo dun barrio pobre con poucos estudos e apesar de todo o fútbol lo converteu en lenda.
“Un villero co moita guita pero con conciencia de clase. Un Deus errante, suxo e pecador. O máis humano dos deuses.” Así o descrebe Eduardo Galeano.
Maradona ou Garrincha, deuses caidos, idolos do pobo e fillos de barrios pobres, apesar dos erros que pudieran ter cometido na súa vida persoal eran fútbol e maxia en estado puro.
Maradona xa dixo aquelo: «Me arrepiento do 99% das cousas que fixen na vida. Sin embargo, o outro 1% (que é o fútbol) compensa todo o demáis ».
Pero o fútbol profesional estase afundindo na merda coas vergoñentas decisións dos seus impresentables dirixentes.
Xogar a supercopa nunha dictadura brutal e xenocida como a de Arabia Saudí, ou o próximo Mundial en Qatar sobre os cadaveres dos traballadores mortos namentres construían os estadios de fútbol en condicións infrahumanas, é a demostración da degradación do fútbol profesional e da dexeneración dos seus dirixentes.

Opinión /