André Abeledo Fernández •  Opinión •  07/01/2022

A verdade sempre é revolucionaria

Criticar a non derogación da reforma laboral, sinalar as eivas da modificación da reforma do Partido Popular, insistir na necesidade de cumplir coa promesa de derogar a reforma laboral e a lei mordaza por completo, non me vai a convertir nun fascista, nin nun aliado da ultradereita.
Non estar disposto a practicar a autocensura por medo ao fascismo, non me vai convertir nun aliado da dereita.
Por moito que repitan esa mentira decir a verdade seguirá a ser un acto revolucionario.
Non son crente, non me move a fe, o fai a razón, non vexo motivo para ter fe en persoas cando non a teño nun Deus, os mesías  aburrenme e os borregos aínda máis.
Galiza precisa dun suxeito propio, de organizacións de clase propias, de movementos propios que entendan da nosa idiosincrasia, que respeten a nosa identidade, o noso idioma, a nosa cultura, que recoñezan a nosa historia e non poñan en dúbida que Galiza é unha nación que debe ter voz propia para decidir.
O capitalismo sempre usa o fascismo como ferramenta represora sementando odio e medo en momentos de conflicto social inminente. Algo que tamén Bertolt Brecht tiña claro;“Estar contra o fascismo sin estar contra o capitalismo, rebelarse contra a barbarie que nace da barbarie, equivale a reclamar unha parte di terneiro e opoñerse a sacrificalo.”
Teño claro que si no campo da esquerda non recuperamos o discurso de clase, si non somos capaces de tomar as rúas, si non somos exemplo consecuente para a clase obreira, si non somos capaces de ocupar o espazo que nos corresponde como única ferramenta útil da clase obreira para defender os seus dereitos e a súa dignidade, entón o fascismo fará o seu traballo, utilizará un discurso do odio e do medo disfrazándolo de discurso obreiro, de nacionalismo radical, de defensa de la soberanía nacional, para dirixir as traballadoras e traballadores no camiño que desexa a oligarquía, cara o matadeiro.
Estou convencido de que ao fascismo ten que combaterse dende a esquerda máis consecuente, pois son dous ideoloxías antagonistas e irreconciliables que representan claramente a virulencia da loita de clases.
Sin dúvida será necesario un gran Fronte Popular da Izquierda para enfrontarse aos poderes económicos e ao seu can de guerra, o fascismo, pero sin renunciar a nada, nin moito menos ao noso discurso, porque si o facemos inconscientemente estaremos entregando o campo de acción da clase obreira ao fascismo.
«A forza do fascismo reside máis que en nada, camaradas, no feito lamentable da división das forzas capaces de opoñerse ao seu avance.» (José Díaz Ramos).
Non debemos moderar o discurso para ser políticamente correctos, debemos decir verdades como puños e ser vangarda da clase obreira, para elo é necesario participar organizadamente en tódolos movementos sociais e defender o noso modelo de sociedade, un modelo baseado na xustiza social con maiúsculas, o socialismo verdadeiro é a única alternativa a barbarie capitalista, e a besta fascista.
En tempos de fortalecemento e avance do fascismo necesitamos organizacións de esquerdas que defendan os intereses da clase obreira dun modo claro e «radical».
Un radical é unha persoa que vai a la raíz do problema, e o fascismo é un cancro que non pode ser curado con mediciña non invasiva, ten que ser extirpado antes de que se propague dende a raíz.
«A moderación e as medias tintas son a antesala da traición». (Che Guevara).
O capitalismo sempre usa o fascismo como ferramenta represora sementando odio e medo en momentos de conflicto social inminente. O fai VOX no Estado español e en moitas ocasións tamén o PP e CIUDADANOS.
Debemos recuperar a esencia, sabemos que a loita de clases continua plenamente vixente, que explotadores e explotados non temos os mesmos intereses, que o noso modelo de sociedade non pode construir sin destruir o modelo capitalista, que o perigo do fascismo é tan real hoxe como desgraciadamente o foi onte.
André Abeledo Fernández (Delegado de da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña)

Opinión /