Redacción •  Galicia •  21/06/2026

EU rexeita o novo regulamento de retorno aprobado pola UE

  • Lino Costas: “Coa aprobación deste texto van a producirse auténticas cacerías de inmigrantes ao estilo do ICE dos EUA permitindo o rexistro e detención en vivendas particulares, centros de traballo, hospitais ou refuxios”.
EU rexeita o novo regulamento de retorno aprobado pola UE

Dende Esquerda Unida “rexeitamos esta deriva que está a levar á UE e que está a converter Europa nun lugar no que nin sequera se tenta xa aparentar un mínimo de respecto polos dereitos humanos” afirma Lino Costas, coordinador nacional de EU. Exemplo disto é a ampliación dos períodos de detención, pasando dun máximo de 18 meses a un máximo de 30 e “permitindo ademais a detención e deportación incluso de menores aínda que sexan non acompañados” engade.

Ao mesmo tempo, permítese deportar a inmigrantes a terceiros países nos que nunca estiveron para ser internados nos chamados ‘centros de retorno’ onde “non se garanten os seus dereitos coma auténticos campos de concentración” apunta Costas. “Estamos a falar de persoas que simplemente están buscando unha vida mellor. Unha vida mellor que non ven posible acadar nos seus países de orixe precisamente porque outros países, coma os da UE, lles impiden de facto a súa soberanía mentres os saquean sen control” suliña.

Tal e como amosan os datos do Instituto de Estudos Económicos, IEE, Europa precisa traballadores e rexuvenecer a poboación, “e o único xeito é acoller a poboación migrante. A ‘Europa envellecida’ precisa deste fluxo migratorio tanto para cubrir a necesidade de man de obra, que falta, como para tentar reverter a inversión da pirámide poboacional – explica Lino Costas -. Os niveis de emprego e cotizantes á Seguridade Social aumentaron coa poboación migrante, véndose deste xeito reducido o desemprego e a taxa de nacementos é salvada polas mulleres migrantes”.

En conxunto, para Esquerda Unida, esta nova normativa “está pensada para eliminar os dereitos destas persoas migrantes”, que para a UE “pasan a ser persoas de terceira categoría e ás que se trata sen o menor respecto nin dignidade que merece calquera ser humano”.


Migración / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com