Este xoves convócase unha concentración en apoio ás 8 persoas detidas na etapa do Corgo de “La Vuelta” que declaran ese día

O vindeiro 11 de decembro as oito persoas detidas na etapa do Corgo de “La Vuelta” durante as protestas en solidariedade co pobo palestino, somos chamadas a declarar como investigadas nun delito de “Desordes públicas”. Convócase ademais unha concentración diante dos xulgados a partir das 10.30h apoiada polas plataformas Lugo por Palestina, De Courel a Palestina e pola Rede Galega pola Palestina.
Continúa a campaña de solidariedade
A Plataforma Lugo por Palestina ten en marcha unha campaña de solidariedade con nós, as detidas, para recadar fondos cos que facer fronte ás avultadas multas que AGARDAMOS recibir. No caso de que a campaña de recadación supere a contía necesaria, comprometémonos a destinar o excedente á causa palestina. Calquera persoa que queira, pode facer unha achega económica na seguinte conta bancaria:
Titular: A Hedreira
Banco: Caixa Rural Galega
Concepto: Represaliad@s LA VUELTA
N.º de conta: ES60 3070 0032 9764 4952 6927
