Movemento Galego de Saúde Mental •  Redacción •  Galicia •  29/06/2016

CCOO-Sanidade apoia as concentracións convocadas polo Movemento Galego da Saúde Mental este xoves

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia apoia as concentracións convocadas para mañá xoves, día 30 de xuño, polo Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM). Ás oito da tarde, en diferentes localidades do país soarán badaladas en prevención do suicidio. Con esta iniciativa quérese lembrar que cada día se suicida polo menos unha persoa na comunidade autónoma (rexistráronse 394 mortes deste tipo no 2014), razón pola que o MGSM e CCOO lle esixen á Consellaría de Sanidade que elabore un plan preventivo.
CCOO-Sanidade apoia as concentracións convocadas polo Movemento Galego da Saúde Mental este xoves
Segundo CCOO e o MGSM, o plan galego ha ter carácter multisectorial, estar dotado de suficientes recursos para afrontar o problema e artellado no plan de saúde mental de Galicia. Ambas as entidades tamén coinciden á hora de pedir a constitución dun comité técnico para a elaboración do plan e a creación de comisións clínico-asistenciais en cada xerencia sanitaria do país.
 
Concentracións (todas ás 20 h):
 
– A Coruña: diante do Obelisco
-Ferrol: praza de Armas
– Lugo: praza Maior (diante do Concello)
– Ourense: xardíns do Padre Feijóo
– Ribeira: praza do Concello
– Cangas do Morrazo: praza do Concello
– Pontevedra: praza da Peregrina
– Vigo: praza da Constitución
 

CCOO /  sanidade /