Redacción •  Galicia • 26/11/2019

Esquerda Unida considera que a moción de censura do PP e PSOE a Esquerda Unida en Mugardos é dunha gravidade extrema que vai en contra do que se configura no Estado e da alternativa a Feijoó nas Autonómicas

A Executiva Nacional de Esquerda Unida, reunida este luns en Compostela, valorou como a culminación dunha serie de bloqueos e tentativas de tombar o goberno municipal de Esquerda Unida.

Esquerda Unida considera que a moción de censura do PP e PSOE a Esquerda Unida en Mugardos é dunha gravidade extrema que vai en contra do que se configura no Estado e da alternativa a Feijoó nas Autonómicas

Esquerda Unida, que xa se ten dirixido á dirección do PSdG para que aclare cal é a situación orgánica dos concelleiros que asinan a moción de censura co Partido Popular, considera que nun momento histórico de configuración dun goberno progresista e de coalición no Estado, ás portas dun proceso autonómico que pode desaloxar ao PP do goberno galego, que “os socialistas asinen unha moción co partido popular, é un grave retroceso que nin soluciona a vida dos mugardeses nin coloca as forzas progresistas nun escenario político propicio para as tarefas futuras”.

Esquerda Unida pídelle ao PSdG que retire a moción de censura e exerza as accións oportunas co fin de determinar as responsabilidades políticas e orgánicas dos seus concelleiros.

Ao tempo, amosa o seu apoio e solidariedade co grupo municipal de Esquerda Unida en Mugardos así como coa súa alcaldesa.                 


Esquerda Unida /  Redacción /