Redacción •  Galicia •  24/06/2019

Esquerda Unida urxe políticas contundentes ante as agresións por prexuicios de xénero e tendencia sexual que tiveron lugar na noite de San Xoán na Coruña

Esquerda Unida condena a agresión homófoba que tivo lugar onte na Festa de San Xoán na Coruña, onde un mozo de 25 anos foi acoitelado pola súa condición sexual. Dende Esquerda Unida reiteramos a necesidade de pular por políticas, e recursos para dotalas, que permitas ás persoas LGTBI ter unha vida digna.

Esquerda Unida urxe políticas contundentes ante as agresións por prexuicios de xénero e tendencia sexual que tiveron lugar   na noite de San Xoán na Coruña

Compostela, 24 de xuño de 2019.

A responsable da área de Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez, mostrou preocupación polas agresións que se viviron. “Nos últimos meses estamos a presenciar demasiadas agresións por prexuízos de xénero sen ter unha resposta contundente por parte das administracións ante feitos que non terían que ocorrer”, apunta.

Os últimos datos do Ministerio do Interior reflicten que no 2017 houbo un 18% máis de delitos de discriminación pola orientación sexual que no ano anterior. “Isto é consecuencia dun movemento xenófobo que esta rexurdindo dende os partidos de extrema dereita e que impiden ás persoas vivir en democracia”, apunta Bernárdez.

“Ademais tivemos outra agresión dun mozo por defender a unha muller que ía ser agredida, unha conduta valente e consecuencia do traballo do feminismo que sae ás rúas para mostrar que as agresións machistas son unha realidade e hai que paralas. É vital que se dea unha resposta pública contundente ante este tipo de agresións machistas e homófobas, así como promover e denunciar estas agresións de odio”, sinala Bernárdez.Dende Esquerda Unida esiximos tanto ao Concello da Coruña como a Xunta de Galicia que poñan os medios para que evitar estas agresións LGTBIfóbicas e machistas e que non volvan repetirse.


Esquerda Unida /