Redacción •  Galicia •  23/10/2017

Moción para declarar a Narón Municipio oposto a chamada Lei de depredación da Galiza

Galiza dixo non á Lei de Depredación nunha multitudinaria manifestación este domingo día 22 de Outubro.

Moción para declarar a Narón Municipio oposto a chamada Lei de depredación da Galiza
A Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, é unha lei que facilita ás multinacionais a depredación da nosa terra.
 
André Abeledo defenderá no Pleno deste mes de Outubro a Moción en rexeitamento a Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

Unha lei aprobada no Parlamento galego cos únicos votos do PP aproveitando a súa maioría absoluta. 

Abeledo denuncia que  a nova lei acapara o solo agrícola, entrega a xestión da madeira aos grandes operadores. 

É unha lei que lonxe de comezar a facer camiño para evitar que se repitan dramas como a ola de incendios que asolou a Galiza, agrava a situación e abre o camiño a novos desastres.

Unha lei que saca as Competencias aos Concellos en materia medio ambiental, e de control de proxectos. E ese é un dos moitos motivos polos que os Concellos como administración máis cércana a cidadanía deben defender o mantemento e o aumento de competencias. A lei tamén vai afectar aos Concellos en canto a recadación, aquí os Concellos tamén perden.

É unha lei que prepara o espolio da Galiza, unha lei tramitada con  premeditación e aleivosía, que o Goberno da Xunta de Galicia quere ter aprobada pola vía rápida, para principios de Novembro, aproveitando a súa maioría absoluta.

É unha lei que acorta os prazos de exposición pública, para evitar as alegacións da veciñanza.

É unha lei que se carga a participación cidadá.

É unha lei que facilita a expropiación, e abre as portas a proxectos mineiros que xa tiveron consecuencias nefastas en moitos países dos terceiro mundo. 


incendios /  Lei de depredación /