Yolanda Díaz e José Gusmão aportan luz sobre as medidas da esquerda que a Troika e os poderes financieiros queren ocultar
Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea, xunto con José Gusmão, economista e membro da mesa de negociación do Bloco para o pacto de esquerdas, debateron esta mañá en Madrid, nun acto organizado por Izquierda Unida, sobre os avances sociais conseguidos no país veciño, facendo unha comparativa coa situación política española e galega.

O coloquio “Que pasa en Portugal?: O acordo de goberno do que ninguén fala” foi organizado pola Fundación pola Europa dos Cidadáns (FEC) e presentado por Marga Ferré, a responsable da entidade e membro da dirección de Izquierda Unida, quen denunciou o silencio que hai en España respecto ao goberno progresista de Portugal e as medidas que acadaron traballando conxuntamente entre o Partido Socialista, o Partido Comunista e o Bloco de Esquerda.
José Gusmão, economista e membro da mesa de negociación do Bloco para o pacto de esquerdas, explicou que, “fronte ás negociacións políticas, todos os partidos da esquerda foron moi solidarios”. “En Portugal, a esquerda tivo unha actitude solidaria e enfocou as negociacións cos partidos de maneira que todos eles tiveran o mesmo enfoque de acción, neste caso, que lograran acabar cos recortes nos salarios e nas pensións, que devolveran os dereitos perdidos e que se repuxera a vivenda pública”.
“Neste eido social, destacamos medidas como a aprobación e a aplicación da xornada de 35 horas, o imposto sobre o bens de luxo e o patrimonio ou a derrogación dos concertos educativos. Fixemos un aumento do salario mínimo e do emprego: agora temos máis empregos que nunca e, neste ano, integraremos a máis de 100.000 traballadores precarios”, incidiu. En palabras de Gusmão, “este modelo que implantamos non pode perder forza: e sabemos que non o fará se hai xente na rúa demandando o cambio”, resumiu.
Pola súa banda, Yolanda Díaz recoñeceu que “as políticas que se seguiron en Portugal e en España ata ben pouco eran as mesmas, realidades comúns, como a entrada na Unión Europea ou a crise financeira e que foi convertida nunha crise de civilización. É por iso que Portugal nos indica un camiño necesario que a dereita española nega e non quere albiscar”.
“Ambos países fomos vítimas das políticas europeas que tanto coñecen, baseadas en que ordenen os que non se presentan ás eleccións. Para a Troika e os mercado, Portugal é un exemplo do que non pode repetirse noutro país da UE”, dixo. Pola nosa banda, “tamén vivimos en carne propia o exemplo portugués: eles sabían que tiñamos un programa de mínimos para defender á nosa xente, polo que no 20D e o 26J, por primeira vez, a esquerda cuestionou o capitalismo. Sen embargo, no 20D, o PSOE actuou como réxime para impedir o acordo progresista con IU, Podemos e as confluencias. Agora, o pacto PP e Ciudadanos contempla medidas que sempre quixo a patronal e o PP nunca se atreveu a pór sobre a mesa”, explicou.
Agora, “nós seguiremos defendendo á nosa xente e enfrontándonos aos que mandan. É o noso deber ético. Son unha muller optimisma, xa que sei que os pobos e as xentes loitan cando sofren. Sei que, na actualidade, hai xentes na esquerda que se preguntan, ante o éxito de Trump e o fascismo, que imos facer. Necesitamos moitos puntos de encontro, non ir aos máximos, senón aos mínimos que nos unen, necesitamos experiencia. Necesitamos seguir camiñando”, rematou Yolanda Díaz.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
