Alternativa Galega de Esquerda •  Redacción •  Galicia • 21/06/2016

AGE acusa ao Presidente da Xunta de falta de escrúpulos e preguntaralle no pleno polas súas descalificacións á sanidade pública galega

O grupo parlamentario tamén se interesará polo crecemento da siniestralidade laboral, o incumprimento do acordo lácteo ou a precariedade dos traballadores de Seaga.

AGE acusa ao Presidente da Xunta de falta de escrúpulos e preguntaralle no pleno polas súas descalificacións á sanidade pública galega

Alternativa Galega de Esquerda levará ao pleno parlamentario da vindeira semana «as indecentes declaracións» de Alberto Núñez Feijóo ao respecto dos médicos do sistema sanitario público galego, aos que acusou de verter «insidias» e «calumnias» no que respecta aos doentes de hepatite C mortos por carecer do tratamento axeitado no Sergas.

«Feijóo é un incompetente e un insensíbel. Carece de escrúpulos e non se poden tolerar este tipo de declaracións», afirmou o viceportavoz de AGE Antón Sánchez, que compareceu en rolda de prensa xunto á deputada Eva Solla.

Ademáis, AGE levará ao pleno do 28 e 29 de xuño una Proposición non de lei sobre a necesidade dunha matrícula reducida para os estudantes universitarios sen dereito á docencia procedentes das antigas licenciaturas e dos novos graos establecidos polo Espazo Europeo de Educación Superior, unha moción derivada da interpelación do pasado pleno sobre o incumprimento do acordo lácteo, unha pregunta ao Goberno sobre as sentenzas xudiaciais en contra da política laboral da Xunta a respecto do personal traballador de Seaga e unha pregunta urxente sobre o preocupante aumento da siniestralidade laboral derivada da precarización do emprego.


AGE /  Alberto Núñez Feijóo /  Alternativa Galega de Esquerda /  Alternativa Galega de Esquerda /  Antón Sánchez /  Eva Solla /  Redacción /  Xunta de Galicia /