En Marea •  Redacción •  Galicia •  20/08/2016

Luis Villares destaca a capacitación profesional e solvencia política das listas de En Marea para as eleccións galegas

O candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, Luis Villares, mantivo esta mañá un encontro aberto en Ribadavia coas Mareas das comarcas do Ribeiro e do Carballiño, e onde valorou como moi positivo tanto o apoio recibido á súa candidatura por parte das bases de En Marea superando o 86 por cento dos votos emitidos e que o coloca “con moito orgullo e honra” ao fronte da candidatura galega para as vindeiras eleccións autonómicas “para acabar coas políticas antisociais do Partido Popular”.

Luis Villares destaca a capacitación profesional e solvencia política das listas de En Marea para as eleccións galegas

Así mesmo, referiuse á composición das candidaturas provinciais de En Marea que asegurou recollen a pluralidade da confluencia e conseguiu que “todo  o mundo se sinta ben representado”. Villares destacou de xeito especial a “grande capacitación de carácter profesional e a solvencia política” das candidaturas de En Marea que lograron “conformar moi intelixentemente unhas candidaturas que van ser sen dúbida unha alternativa moi boa para asumir o proceso electoral e que seducirán a maior parte da sociedade sen dúbida”.

O candidato de En Marea a presidencia da Xunta puxo en valor o proceso de primarias levado a cabo por En Marea para conformar ás súas listas, “un proceso absolutamente democrático e non os procesos baltáricos que non son máis que monarquías onde se sucede á xente”. “Mañá domingo presentaremos as candidaturas nun acto público en Santiago de Compostela e o luns mesmo se presentarán territorialmente. A partir de ese momento comezaremos coa exposición sectorial do programa político para trasladar á sociedade galega o noso programa e pedir o seu apoio e confianza para botar a Feijoo e ao Partido Popular da Xunta de Galicia o vindeiro 25 de setembro” concluíu o candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, Luis Villares.


En Marea /  Luis Villares /