Esquerda Unida •  Redacción •  Galicia •  18/09/2017

Eva Solla: “A teima da Consellería de Política Social de non escoitar á veciñanza de Rianxo non é comprensible”

Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento galego, ven de defender estes días en Pleno a iniciativa de En Marea na que se esixe ao Goberno que reciba ás veciñas e veciños de Rianxo, ao tempo que orzamenta a construción dun novo centro de día nesta localidade para antes do final de 2017.

Eva Solla: “A teima da Consellería de Política Social de non escoitar á veciñanza de Rianxo non é comprensible”
Para Esquerda Unida, os centros de día deben ser lugares de proximidade que se convirte nun dereito da cidadanía. Segundo dicía Solla, este centro é “unha xusta petición veciñal que o Goberno galego continúa a rexeitar e que resulta difícilmente comprensible a negativa a escoitar, por parte da Xunta de Galicia, á veciñanza”, que tras unha importante recollida de sinaturas e unhas mobilizacións con forte apoio continúan na actualidade sen ser escoitada.
 
Eva Solla fixo unha lembranza das defensa que facía o PP deste centro hai 10 anos. De feito a candidata popular dicía por aquel entón que se trataba “dun servizo fundamental para o municipio” e aseguraba que “non ían tolerar máis mentiras”. Posteriormente, ocupando a dirección da Consellería Beatriz Mato, aseguraba que os espazos públicos para maiores era unha “prioridade” para o seu departamento.
 
En 2017 a veciñanza ante a inacción do Goberno galego iniciaron as mobilizacións no mes de maio, na que estivo tamén Esquerda Unida desde o principio e trasladouse por parte do grupo parlamentario de En Marea esta petición no mes de xuño, o PP votou en contra alegando que xa había centros suficientes na contorna e que “sobraban” prazas. Ao mes seguinte, xullo anunciase un novo peche dentro do concello. O 21 de xullo, comprobouse in situ o abandono, por parte da Xunta de Galicia, e pese a que despois de saír na prensa a Consellería anunciase que recibiría aos veciños e veciñas, a día de hoxe continúa sen facelo.
 
A día de hoxe existen 19 usuarios e usuarias desprazadas a outros concellos e 44 persoas en lista de espera segundo a veciñanza, nun municipio como Rianxo que ten unha poboación de 12.000 habitantes dos que 2.800 teñen máis de 65 anos.

Esquerda Unida /  Eva Solla /