Redacción •  Galicia • 09/08/2016

A Asociación Autonómica Petón do Lobo alerta á Dirección Xeral da Conservación da Natureza do incumprimento das condicións de autorización no festival «V de Valarés»

A entidade recorda que o primeiro dos condicionantes para a celebración do evento é a súa limitación horaria á noite do día 12 de agosto, á tarde-noite do día 13 de agosto e á tarde do día 14 de agosto.

A Asociación Autonómica Petón do Lobo alerta á Dirección Xeral da Conservación da Natureza do incumprimento das condicións de autorización no festival «V de Valarés»

Sen embargo, según denuncia, a organización fixo públicos arestora os horarios dos concertos, tendo lugar á mañá do día 13 de agosto e prolongándose os mesmos ata o día 15 de agosto de 2016, incumprindose así os condicionantes da autorización outorgada pola Xunta de Galicia.

Petón do Lobo indica que a organización fixa os horarios para a tarde do día 12 de agosto e o día 13 de agosto das 3:30 horas en diante, a partir das 3:30 horas do día 14 de agosto en diante, e finalmente a partir das 3:30 horas do 15 de agosto en diante, polo que as actuacións rematan na noite do día 15 de agosto, «incumprindose non só os horarios permitidos para os concertos e a acampada, senon tamén para a desmontaxe do equipamento relacionada co evento».

Dende o colectivo consideran que a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Dirección xeral de Conservación da Natureza «non poden ser cómplices da entidade organizadora do evento» que está a actuar «fóra do ámbito de cobertura da autorización administrativa», derivando o feito en que «hai case dous días nos que non se garante a protección do espazo natural, nen a seguridade no recinto acoutado».

Ademáis, a resolución asinada o pasado 10 de xuño por parte da Xunta establece textualmente que «prohíbese a celebración de concertos en calquera data en ámbito horario distinto» do autorizado, polo que para a asociación as autoridades administrativas «deberán adoptar cantas medidas sexan pertinentes para o cumprimento íntegro da mesta nos seus estrictos termos».

Finalmente, dende Petón do Lobo piden a suspensión do evento como medida cautelar e a iniciación do correspondente procedemento sancionador, «en tanto que o incumprimento reiterado dos condicionamentos da autorización non permite garantir a protección do cordón dunar, a protección das praias e o ecosistema de Balarés», contemplado como Zona 1 ou «área de protección» da Rede Natura 2000 en Galicia.


Asociación Autonómica Petón do Lobo /  Redacción /  Rede Natura 2000 /