Redacción •  xunta.gal •  Galicia • 08/06/2019

En Marea apunta a Feijóo como responsable último das desfeitas provocadas pola falta de control sobre a actividade mineira en Galicia

O deputado Antón Sánchez volveu esixir a dimisión ou cese do director xeral de Industria, Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces "non só por estar imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental, senón por un historial cheo de favores ás empresas mineiras e de desprecio pola legalidade, polo medio ambiente e o interés xeral". 

En Marea apunta a Feijóo como responsable último das desfeitas provocadas pola falta de control sobre a actividade mineira en Galicia

Nunha rolda de prensa celebrada esta semana no Parlamento de Galicia, o vicevoceiro de en Marea e portavoz nacional de Anova Antón Sánchez recordou que o Defensor del Pueblo no seu último informe «o que nos mostra son décadas de barra libre para as empresas mineiras e graves incumprimentos da Xunta de Galicia na súa labor de control e inspección da actividade mineira» das que Tahoces é a cara visible.

«En San Finx, no caso no que está imputado o Sr. Tahoces falábase de que non se aplicou a legalidade, non se sancionou o contínuo vertido contaminante e non se iniciaron expedientes sancionadores e tampouco se vixiou durante anos esa contaminación ou iniciou a restauración das balsas mineiras» -aseverou o deputado- insistindo en que «é o mesmo modus operandi» que se está a levar a cabo no proxecto da mina de Touro.

«En vez de ter unha Administración que traballe para o interés público, que garanta que non se contamina, que garanta que se cumpre a legalidade o que temos é un director xeral de Enerxía e Minas traballando para as empresas e para facilitarlle que contaminen, que nos deixen pasivos ambientais e económicos para o futuro i esto para nós só conduce a unha cousa, que ten que dimitir este señor e si non será xa momento de decir que o conselleiro de Economía pois é cómplice e o señor Feijóo tamén é cómplice desta política sostida no tempo» -afirmou Antón Sánchez-.

Xa no 2018, o vicevoceiro de En Marea fixera referencia aos múltiples casos no que o Executivo de Alberto Núñez Feijóo tivera unha actuación irregular ou oposta á defensa do territorio para beneficiar ás empresas do sector extractivo, recordando a sentenza condenatoria contra a Xunta por denegar información sobre o proxecto mineiro de Corcoesto ou as denuncias publicadas no informe anual do Defensor del Pueblo pola opacidade en relación ao desastre ambiental orixinado polas louseiras de Ourense ou a mina de cobre de Touro. 


Alberto Núñez Feijóo /  Ángel Bernardo Tahoces /  Anova /  Antón Sánchez /  Defensor del Pueblo /  En Marea /  mina de Touro /  Partido Popular /  PP /  Redacción /  xunta.gal /