Redacción •  Galicia •  03/01/2026

O BNG denuncia o ataque de Estados Unidos a Venezuela e reclama a inmediata denuncia da Xunta e o Goberno de España

  • A formación nacionalista galega advirte sobre a violación do dereitos internacional e reclama a reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU.
O BNG denuncia o ataque de Estados Unidos a Venezuela e reclama a inmediata denuncia da Xunta e o Goberno de España

O BNG trasladou a súa firme condena ao ataque perpetrado por Estados Unidos contra Venezuela, sinalando que se trata dunha violación do dereito internacional e advertindo que pon en risco a seguridade e a paz na rexión latinoamericana e a nivel internacional.

A formación nacionalista ha sinalado ao afán dos Estados Unidos de facerse co control dos recursos naturais de Venezuela, «así como recuperar o control neocolonial de América Latina».

Por este motivo, instaron a unha resposta inmediata dos organismos multilaterais a nivel internacional, coa ONU á cabeza, para condenar esta violación do dereito internacional.

Así mesmo, reclamaron a inmediata condena dos feitos por parte da Xunta, así como do Goberno de España, ao constituír unha violación do dereitos internacional, e o despregamento de medios para dar facilidades e apoio á poboación galega na zona.

Tamén animaron á poboación galega a manifestar a súa solidariedade con Venezuela e a defender a paz.


Solidaridad Internacional /