Redacción •  Galicia •  02/06/2025

Nin ENCE na Ría, nin ALTRI na Ulloa

  • Hoxe ó berro de Nin ENCE na Ría, nin ALTRI na Ulloa, sumamos un ano máis o de nin Mina en Touro.
  • asociación ambiental e cultural “Mina Touro O Pino Non”  apoia un ano máis a mobilización da Asociación pola defensa da ría de Pontevedra á que se une a Plataforma Ulloa Viva.
Nin ENCE na Ría, nin ALTRI na Ulloa

Maís de 135.000 toneladas de residuos non perigosos se depositan cada ano nos terreos da mina de Touro dende hai décadas, procedentes de lodos de depuradoras, restos de matadeiros, mesturados con cinzas e restos forestais, producindo nausebundos olores nas aldeas do entorno da mina, incumplindo así as condicións nas lle foi autorizada a actividade, e con filtracións ás augas subterráneas.

A 200 metros deses terreos están as vivendas dos veciños e veciñas, e mesmo a estrada por onde circulan os camións que os trasladan ciculan por diante das casas da xente que vive nestas parroquias de Touro e O Pino: Santa Irene, Cebreiro, Fonte Díaz, Loxo, Bama, son as máis afectadas por esta situación, ben polo tránsito dos camións cheirentos ou polo acopio dos lodos en pilas polos terreos da mina ou na propia nave de recollida dos mesmos. En eso consiste a chamada restauración dos terreos da mina degradada pechada a finais do anos 80 do século pasado.

Qué ten que ver esto con ENCE ou con ALTRI? Nestas terras unha parte dos terreos que foron ocupados pola mina aplicáronlle un mal chamado “plan de restauración” plantando eucaliptos para ENCE en casi 200 hectáreas de terreos e nos outros terreos deposítantes  ese lodos, residuos e cinzas traidos dende ENCE, e previsiblemente o operador autorizado máis cercano da futura ALTRI, tamén podería estar  aquí, polo que seguiríamos sendo a cloaca da pasteteira pero xa non solo dunha, senón de duas macro pasteiras.

O proxecto de reapertura da mina que está en estudo abarcaría casi catrocentas hectáreas máis de terreo do que ocupara a anterior mina pechada e desmanteladas en 1988, nos documentos que presentou a información pública continúa a plantexar o depósito dos lodos tratados– o que denomina tecnosolos– como a medida de restauración ambiental das terras mineiras degradadas, estaríamos seguramente de multiplicar por tres a cantidade de residuos que se tratarían aquí: ENCE, ALTRI, MINA e resto de depuradoras de augas das grandes cidadades, matadeiros, etc, virían a esta terra de sacrificio e o venden como unha oportunidade de negocio e que creará valor engadido a este territorio, non pensamos o mesmo, esta non é  maneira de atraer poboación a esta terra nin de poñela en valor.

Unha actividade económica que lle solucciona un problema de residuos á Administración que ten sin resolver, sin deterse ou querer  indagar o grave problema ambiental que xenera nas terras de Touro e O Pino e  o grave problema para benestar e saúde das persoas que vivimos aquí.

Hoxe o berro continua, nin Altri na Ulloa, nin Ence na ría, nin mina en Touro.

Xunta directiva Asociación Mina Touro O Pino Non – Plataforma Mina Touro – O Pino NON.


Altri /