André Abeledo Fernández •  Opinión •  27/05/2022

Existe un xenocidio que dura decadas. A comunidade internacional solo ve o que quere ver

Non é na Ucraína, é en Palestina, e non é Rusia, é Israel, e por este motivo o mundo mira  cara outro lado e a prensa lacaia cala.
Hoxe en Palestina sobrevivir sigue sendo resistir.
Continua o silencio complice ante a barbarie, os gobernos calan e outorgan, o pobo palestino precisa aos pobos do mundo para denunciar o xenocidio.
A agresión contra o pobo palestino é constante e cada agresión constitúe unha nuova proba de que a hipocresía impera en Occidente.
Israel continúa facendo oídos sordos a tódalas resolucións internacionais.
Ademáis Donald Trump xa se encargou antes de abandoar a rastras a Casa Blanca de recoñecer unilateralmente a Xerusalén como capital e territorio de Israel, unha traición que súmase ao recoñecemento do Sáhara Occidental como parte de Marrocos, a cambio de que Marrocos traicionase ao pobo palestino recoñecendo tamén a soberanía de Israel.
Vemos claramente ata qué punto o sionismo controla as decisións políticas de Washington en canto as súas políticas en Palestina e Oriente Medio.
Unha vez máis reganse as rúas de Palestina con sangue inocente e novas humillacións ao pobo torturado de Palestina.
Asesinase a periodistas por informar, detense a nenos, siguese asasinando, torturando e destruíndo impunemente.
 ¿Onde están os organismos internacionais encargados de defender os dereitos humanos?, como sempre solo están canto aos que mandan lles interesa. Agora solo teñen ollos para a Ucraína.
Xa nin sequera pensan facer o paripé de respetar certos límites, ou disimular o abandono das súas funcións.
¿Quén responderá por tódala sangue que se vai derramar e se ten derramado?. Ninguén responde pola sangue dos ninguen, dos esquecidos.
Ninguen dirá nada polos nenos que van a ser asasinados, por todos os detidos e torturados, polas familias destrozadas, polas casas demolidas, polas detencións arbitrarias.
¿A comunidade internacional volverá a dar as costas ao horror?.
¿Outra vez a comunidade internacional permitirá o xenocidio dun pobo?.
Pois sí, unha vez máis miraran para outro lado, solo veremos o que queren que vexamos.
Non haberá sancións económicas contra Israel polo xenocidio en Palestina, nin económicas, nin de ningún outro tipo, como tampouco as haberá pola ocupación ilegal do Sáhara Occidental por parte de Marrocos, ou polo xenocidio de Arabia Saudí no Iemen.
Non podemos gardar silencio ante a barbarie, si os gobernos calan e outorgan, os pobos debemos berrar e apoiar a resistencia do pobo palestino.
Hoxe en Palestina sobrevivir sigue sendo resistir.

Opinión /