André Abeledo Fernández •  Opinión •  24/08/2021

Afganistán un Estado traizoado e un pobo torturado

Afganistán ten sido históricamente un «cemiterio de imperios»,  dende Alejandro Magno ata EEUU.
Vamos a contar a verdade a modo enciclopedia sobre Afganistán, un pais traizoado que declarou a súa independencia a principios do século XVIII e mantivo un réxime monárquico ata 1973, data na que se estableceu a República de Afganistán, ata que en 1978, a Revolución de Saur de inspiración comunista estableceu a República Democrática de Afganistán.
A R.D de Afganistán tratou de loitar contra o integrismo Islámico e deu dereitos as mulleres democratizando o dereito a educación.
O goberno de Afganistán solicitou axuda  a URSS a modo de intervención militar en apoio do goberno comunista.
Se deu inicio a guerra de Afganistán (1978-1992), contra a guerrilla islámica, que recibiu o apoio de Estados Unidos, Arabia Saudí, Pakistán e outras nacións occidentais e musulmanas.
Os EEUU financiaron, armaron e axudaron a organizarse aos Talibanes para que loitaran contra o Afganistán Socialista e a URSS.
En 1989 os soviéticos retiraronse, pero a guerra civil proseguiu ata que en 1996, os talibanes estableceron o Emirato Islámico de Afganistán baseado na súa interpretación da Sharia.
Afganistán caeu na Idade Media e as súas mulleres pasaron a ser escravas invisibles.
No 2001, usando como disculpa os atentados do 11 de setembro de 2001, unha coalición internacional da OTAN liderada por Estados Unidos entrou no país para derrocar aos talibanes e colocou no poder ao goberno que constitúe a República Islámica de Afganistán, dando inicio a unha nova guerra de Afganistán.
No 2014 Estados Unidos e a OTAN declararon formalmente que abandoaban a guerra, pero mantiveron tropas no país en apoio ó goberno. En setembro de 2020 o goberno e o Talibán –que controlaba máis da metade do territorio nacional para entón – iniciaron negociacións consideradas «históricas» co fin de alcanzar a paz e constituir un novo réxime constitucional, que poda combinar ambas visións do Estado islámico. As negociacións non prosperaron e as partes mantuvieronse en conflicto ata 2021.
En agosto de 2021, tras sucesivas conquistas no país, o Talibán tomou o control de Afganistán logo da retirada de tropas estadounidenses do territorio afgano e proclamaron unha transición de poder cara un novo goberno dirixido polos mesmos talibanes, o cal non foi formalmente establecido.
Hoxe os EEUU volven a condear a Afganistán coa súa vergoñenta retirada.
Os talibanes entran as aforas de Kabul mentras fuxen a Tajikistán o agora ex  presidente Ashraf  Ghani e o antigo vicepresidente Amrullah Salleh.
Ao menos 400.000 personas tentan sair de Kabul.
É unha sacudida xeoestratéxica con impacto directo sobre EEUU, Rusia, Pakistán, India e por outro lado frotan as mans China, Turquía e Irán.
E xeopolíticamente na cartografía euroasiática, impactando en 1.800 millones de musulmáns  en 57 países da Organización para a Cooperación Islámica (OIC, polas súas siglas en inglés).
María Zajárova, a portavoz do ministerio de Relacións Exteriores da Federación de Rusia declarou fai días: «En Afganistán desenrolase unha loita entre dúas forzas E ambas foron creadas por Estados Unidos. O mundo observa con horror o resultado de outro experimento histórico de Washington».
É obxectivamente unha derrota militar e política histórica para EEUU, Gran Bretaña e Francia.
O pobo afgano, as mulleres afganas, quedan agora en mans dunha forza reaccionaria e brutal como son os talibanes (e aliados tayikos, uzbekos e outros).
Unha vez máis as vidas humanas non valen nada fronte aos intereses económicos e xeoestratexicos.

Opinión /