André Abeledo Fernández •  Opinión •  20/08/2026

O «escudo social» é unha mentira repetida mil veces que non se converte en verdade

Penso que é importante desmontar o mito da existencia do chamado «escudo social» do que tanto se fala en discursos e roldas de prensa.

Tras anos de traballo físico no sector da alimentación, o INSS recoñeceume unha incapacidade permanente total. Pasei de cobrar 1.400 euros ao mes a percibir 752,15 euros: o 55% da miña base reguladora, porque aínda non cumprín os 55 anos e, segundo a norma, «aínda» podería reincorporarme a un emprego compatible coas miñas limitacións. Calquera que coñeza o mercado laboral sabe que iso é unha ficción.

Con dous fillos menores ao meu cargo, de catorce e dezasete anos, tentei solicitar o Ingreso Mínimo Vital. Aí descubrín o verdadeiro rostro da burocracia: para acceder á axuda, o sistema esíxeme excluír do padrón a miña parella, unha muller venezolana coa que convivo, deixándoa na rúa. Non estou disposto a facelo. Non son un canalla.

O resultado é que os meus fillos medran con 720 euros ao mes porque o seu pai está enfermo, mentres a administración fala de protexer a infancia, de favorecer a integración dos migrantes e de combater a violencia contra as mulleres. Tres discursos que o meu caso desmente ao mesmo tempo.

Non escribo isto buscando lástima, senón para sinalar algo que afecta a miles de familias: a letra pequena converte os dereitos en trampas. E cando a cidadanía se sente enganada por promesas que non se cumpren, o desencanto non beneficia á esquerda que lexisla mal, beneficia a quen promete solucións fáciles a base de odio.

Pido, simplemente, que quen lexisla escoite a quen sofre a norma antes de asinala.


Opinión / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com