André Abeledo Fernández •  Opinión •  18/10/2021

O nacionalismo é unha necesidade para a clase traballadora galega

Sonche galego de nacemento, comunista por instinto, e sindicalistas por ter conciencia de clase.

O sindicalismo é a principal ferramenta da clase traballadora para defender os nosos intereses, e os nosos dereitos.

O sindicato é a arma necesaria para as traballadoras e traballadores na loita de clases.

Os sindicatos non sirven de nada cando se convirten nunha xestora, e menos aínda cando pasan a ser unha ferramenta en máns da patronal, mediante o chamado «sindicalismo amarelo», que é o cabalo de Troia da patronal e dos poderes económicos no campo sindical.

A trampa do diálogo social, a traizón que supón a equidistancia.

De nada serve autoenganarse e non querer ver a realidade, o digo por experiencia propia, as cúpulas dos sindicatos maioritarios do Estado español, CCOO e UXT, fai tempo que deixaron de representar a clase traballadora, e nalgunhas empresas, incluida onde eu traballo, fan sindicalismo amarelo o servizo da empresa sen disimulo.

«É máis fácil enganar a xente que convencelos de que teñen sido enganados». (Mark Twain).

Despois de anos loitando por unha idea que consideras xusta no lugar equivocado, non é fácil abrir os ollos e aceptar que tantos anos de esforzo e sacrificio foron botados es saco roto pola realidade.

Pero é necesario abrir os ollos, e superar a decepción para seguir loitando.

«Edurecerse sin perder a tenrura xamais» (Che Guevara).

Estou convencido, máis que nunca, de que o único xeito de avanzar e camiñar cara o socialismo na Galiza, é loitar pola soberanía nacional.

No meu caso vale esa expresión de «volver ó rego».

Na Galiza somos dobremente agredidos polos poderes facticos e económicos.

O nacionalismo español de ultradereita nega o noso dereito a existir, menosprezanos, agrede a nosa identidade como pobo, o noso idioma, a nosa cultura, e nega a nosa historia, máis tamén nos agrede o nacionalismo español da «esquerda» española, que nos trata como unha rexión da periferia, e non como o que somos, unha nazón.

Cando dende a «nova esquerda» chaman a crear outro novo espazo de confluencia, e xa van uns cantos, ó meu entender e visto o historico de resultados, desde a «nova esquerda» estan traballando para rematar de desmantelar a esquerda, as organizacións de clase, o sindicalismo con maiúsculas, e a movilización social da clase traballadora.

Os poderes económicos sintense cómodos cunha esquerda en involución, que se vai diluindo, mentres a ultradereita se consolida.

Son tempos de resistir, de non caer nas trampas do capital, dos políticos do mal menor, dos pasos atrás sempre para a clase traballadora.

Non nos deixemos enganar unha vez máis por discursos hocos de vendedores de fume.

Non hai «nova esquerda», a loita de clases segue plenamente vixente.

André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG na Provincia de A Coruña).


Opinión /