André Abeledo Fernández •  Opinión •  17/11/2021

A conciliación unha quimera, tamén en Mercadona.

Redución de xornada por coidado de menor ou persoa a cargo.
O aumento de idade dos 12 aos 15 anos para as reducións de xornada por coidado de menor debe ser unha das prioridades para que as traballadoras e traballadores poidan conciliar e coidar dos seus fillos. Non podemos falar de conciliación si non se dan as ferramentas.
Outro dos cambios necesarios e volver a priorizar realmente a necesidade do menor ou da persoa incapacitada que precisa coidados por enriba das necesidades da tenda, ou da empresa, sen ter en conta as quendas de traballo e si as necesidades horarias de quen precisa os coidados.
No caso de Mercadona, onde són delegado de personal da CIG, vimos denunciando dende fai anos o sistema de «parrillas» horarias asinado por Mercadona con UXT e CCOO que atenta dun modo gravisimo contra o dereito a redución de xornada por cuidado de menor ou persoa a cargo, unhas parrillas horarias que poñen límites a un dereito das traballadoras e traballadores xa insuficientemente garantido pola norma.
 Ademais da coletilla de revisión dos horarios periodicamente, nunha negociación desigual entre traballadores e empresa, tamén asinada e negociada entre Mercadona, CCOO e UXT.
Tamén dende a Sección Sindical da CIG en Mercadona levamos esixindo a empresa en cada reunión que os horarios de redución de xornada sexan asinados e os traballadores teñan unha copia, como en calquera empresa sería e normal, pois ese é o único xeito de dar seguridade as traballadoras e traballadores, e tamén de facer respetar os horarios de redución de xornada, que són un dereito, e como tal ten que ser respetado.
A baixa natalidade, o envellecemento da poboación són un problema, pero as empresas non están pola labor e o Goberno tampouco.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /