André Abeledo Fernández •  Opinión •  15/07/2021

Cuba fronte ó bloqueo, a inxerencia estranxeira e a hipocrisía de Occidente.

Os mesmos periodistas, tertulianos e políticos que dán as costas á represión e os asasinatos de manifestantes en Colombia, agora falan de Cuba, nin lavándose a boca quitaselles o olor a cloaca.
En Colombia tódolos días aparecen cadáveres torturados, mutilados ou decapitados pero eso ós mamporreros do poder non lles importa.
Son os mesmos mamporreros que non dicían nada cando en Chile disparaban ós ollos ós manifestantes para deixar tortos a decenas de xóvenes.
Os mesmos acostumados a mirar cara outro lado e que agora poñen a súa ollada hipócrita sobre Cuba.
Non din nada contra un bloqueo ilegal, brutal e xenocida que se recrudeceu en plena pandemia tentando provocar unha catástrofe humanitaria.
As vidas do pobo cubano danlles igual, o obxectivo é destruir a Cuba como exemplo de resistencia anti imperialista.
O único pecado de Cuba é ter feito unha Revolución Socialista nos fuciños dos Estados Unidos, o desproporcionado castigo que  EEUU ten infrinxido a esta pequena illa do Caribe cun ilegal e criminal bloqueo e innumerables provocacións e agresións, entre os que está o intento de invasión militar a modo de desembarco en Playa Girón.
Cuba sufriu un castigo desproporcionado ademáis de inxustificado, si pensamos que Cuba nunca ten agredido a EEUU, nin siquiera Vietnam, donde perderon a vida miles de soldados norteamericanos, ten sufrido un bloqueo tan longo e brutal.
Estados Unidos e a CIA saben que Cuba, esa pequeña illa que foi patio trasero de EEUU, fixo unha gran revolución que lle devolveu a soberanía e a convirtiu nun exemplo e espello do mundo. Dende enton ten intentado derribala, afogala, porque ese exemplo do moito que se pode facer con moi pouco  asustalles, non vaia a ser que se contaxie o exemplo por América e o mundo.
Unha verdade indiscutíbel dos logros da revolución cubana e unha frase para a historia dita por Fidel Castro, «hoxe millóns de nenos en todo o mundo durmirán na rúa, en Cuba ningún».
Cando se di hipócritamente que o goberno cubano obliga aos seus profesionais formados gratuitamente nas súas universidades a traballar durante dous anos para o Estado  «olvidanse » de que aquí se chama contrato en prácticas e que se traballa para unha empresa privada que non ten pagado os estudos, nin dado sanidade e unha casa onde vivir; «olvidanse» de que moitas traballadoras e traballadores non poden pagarlles os estudos universitarios aos seus fillos e fillas, se olvidanse da parte que lles interesa.
Os que din que en Cuba se tortura teñen razón, para ser exactos na base militar norteamericana de Guantánamo. Si os Norteamericanos queren realmente acabar coa tortura en Cuba oo teñen fácil: que pechen a base e devolvan o territorio o seu lexítimo propietario, o pobo cubano.
Cando compárase a Cuba co mal chamado «primeiro mundo» «olvidanse» da súa situación xeográfica e de comparar a Cuba cos seus veciños, República Dominicana, Haití, México, Belice, Guatemala, Honduras e un longo etc…
En Cuba non hai desahufizamentos, non hai mendigos, non existe a desnutrición infantil, erradicóu o analfabetismo, teñen a maior proporción de médicos por cada mil habitantes, sanidade e educación gratuitas e universais …a mín non me fales mal de Cuba.
Cuba envía médicos a calquera país do mundo que o necesite.
Cuba é sempre o primeiro rimer país en ofrecer axuda humanitaria en resposta a unha catástrofe.
Cuba nin invade, nin bombardea a outras nacións. Non constrúe muros, non trafica con armas, drogas ou seres humanos.
Pero a Cuba le chaman dictadura e manteñen un bloqueo porque temen su exemplo.
Cuba Socialista ten sobrevivido a máis de 60 anos de bloqueo e guerra económica sin deixar de invertir no benestar do seu pobo e conseguindo manter as conquistas da revolución.
Cuba consiguiu baixar a mortalidade infantil de 42% a tan só un 4%, un dato que pon a Cuba a cabeza a nivel mundial.
Cuba Socialista forma máis de 130 mil médicos, garantizando 1 médico por cada 130 persoas, co maior índice de médicos per cápita do mundo.
En Cuba socialista creouse a maior Facultade de Medicina do Mundo, graduando1500 médicos estranxeiros por ano, con 25.000 médicos graduados de 84 nacións.
Cuba Socialista envía máis de 30 mil médicos a colaborar en máis de 68 países do mundo sumando perto de 600.000 misións.
O pobo cubano ten o honor de ter logrado ser a única nación latinoamericana sin desnutrición infantil.
A pesar do ilegal bloqueo Cuba crea vacunas contra o COVID-19, contra o Cáncro e continúa investindo en investigación, conseguindo fabricar novos fármacos libres de patentes.
Cuba Socialista ten logrado que a súa poboación teña 79 anos de esperanza de vida ó nacer, un dato moi por acima da media latinoamericana.
Cuba Socialista eliminóu o analfabetismo en tan so un ano, un hito histórico, o modelo de alfabetización cubano ten sido utilizado por todo o mundo.
En Cuba Socialista o porcentaxe de escolarización é do 100%, a educación é universal e gratuita en tódalas súas etapas.
Cuba ten logrado ser o único país que erradica a transmisión madre-fillo do VIH.
Cuba é o único país latinoamericano sen problema de drogas.
Cuba é o único país do mundo que cumpre a sostenibilidade ecolóxica.
Os deportistas cubanos teñen logrado ter a maior cantidade de medallas olímpicas de Latinoamérica.
Como dixo Fidel na “Plaza de la Revolución”,  “hoxe millóns de nenos durmirán na rúa en todo o mundo, en Cuba ningún ”, e o cumpliu.
De Cuba temen o exemplo e por ese motivo os mamporreros do poder dedicanse a mentir e difamar a revolución cubana sin descanso.
Ningunha revolución pode facerse sin o pobo, ningún goberno revolucionario pode manter o poder sin o apoio dunha amplía maioría social.
Tampouco ningunha dictadura do mundo houbese resistido sin os apoios das oligarquías nacionais e internacionais.
A dictadura de Franco no Estado español, de Trujillo na República Dominicana, de Batista en Cuba, de Pinochet en Chile, as dictaduras militares de Arxentina ou Brasil nunca houbesen podido soportar un bloqueo económico como o fan  Cuba ou Venezuela.
Porque esas dictaduras no tiñan o apoio social suficiente, pero pudieron sosterse ca complicidade e o apoio dos EEUU e os seus satélites.
Cuba e Venezuela son exemplo de como a decisión dun pobo a resistir e defender o seu u modelo, a súa soberanía e a súa su revolución, dalles unha forza capaz de enfrontarse unidos a calquera adversario exterior ou interior.
Tamén teñen demostrado como o socialismo funciona, en plena pandemia do COVID-19 Cuba e Venezuela teñen controlado o coronavirus dun xeito eficiente e exemplar.
Lo fan apesar do recrudecimento do brutal e ilegal bloqueo económico o que són sometidos polo imperialismo Ianqui e os seus mamporreros.
A pesar de estar loitando contra unha pandemia e un bloqueo. Os exércitos de médicos cubanos seguen chegando alá onde os necesitan.
Os médicos cubanos teñen loitado contra o COVID-19 en Europa, América, África…
Tamén os seus sus equipos de investigación traballan para atopar vacunas e fabrican medicamentos para loitar contra pandemias e epidemias.
Sin dúbida Cuba e Venezuela són un exemplo de solidariedade internacional, de resistencia, de loita, de valor e de sacrificio.
Pero supoño que como sempre todo vale contra Cuba.
Occidente os quere vivos ou mortos, provocar desabastecemento en plena pandemia, de medicamentos, de comida, de combustible, para tentar que a Revolución Cubana réndase por fame, por morte, ou por un baño de sangue.
Eu estou con Cuba e con a verdade.

Opinión /