André Abeledo Fernández •  Opinión •  14/01/2022

COVID-19, economía ou vida, aquí deciden que economía.

O que me preocupa é que países que se teñen tomado tan en serio a Pandemia como China ou Alemaña, e que ademáis a teñen combatido tan ben, sobre todo China, teñan unha una estratexia tan distinta a que temos no Estado español e en boa parte de Europa e do mundo, para loitar contra o COVID-19.
China e Alemaña teñen decidido non convivir co COVID-19 e levar unha estratexia dura para erradicar o coronavirus.
Namentres no  Estado español e tamén en Inglaterra, Francia, Israel e moitos outros países, teñen decidido convivir coa Pandemia.
O que teñen decidido é priorizar a economía. E con esta decisión dan por bo o coste en vidas humanas e tamén o coste en canto a posibles efectos secundarios sobre a saúde do COVID-19, fiandolo todo a vacunación e a tan nomeada inmunidade de rebaño, esa que nunca chega.
Preocupame que dende China miren horrorizados o que estamos a facer e tamén dende Alemaña.
Preocupame a aposta pola economía dos que debían cuidarnos.
Porque a economía é moi importante, pero moito máis importante debería ser a vida. Xa sé que non o é, pero debería de selo.
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña)

Opinión /