André Abeledo Fernández •  Opinión •  07/11/2021

Megaproxectos eólicos e megamentiras.

Deuse o pistoletazo de saída para blanquear o espolio do rural galego.
Un titular da «Voz de Galicia» mostranos as claras cal vai ser a estratexia das multinacionais eléctricas para tentar enganar a poboación do rural galego: «El rural gallego fía al sector eólico la solución a la despoblación», na mesma noticia tentan vendernos os megaproxectos eólicos como unha oportunidade económica e laboral, ademais difunden un vídeo dun presunto debate sobre a avalancha de proxectos eólicos, «debate promovido por EDPR España», no que se reforza o discurso das corporacións enerxéticas sobre as bondades das centrais eólicas.
A mentira e a prostitución da linguaxe están sempre ás órdenes dos poderes económicos.
Pensan que como decía Göbbels, o ministro de propaganda da Alemaña NAZI, «unha mentira repetida mil veces convértese nunha verdade»
En Anca (Neda)  nos ameaza o proxecto «Parque Eólico de Caaveiro», como veciño afectame de cheo.
Megamolinos xeneradores de 200 metros de altura a uns 269 metros de vivendas, cando a lei marca 500 metros para xeneradores moito máis pequenos.
Mentres en paises como Alemaña multiplican a altura do eólico por 10 para calcular a distancia do aeroxenerador das viviendas, no caso da miña parroquia falamos de 2 kilómetros en contraposición aos menos de 300 metros que teñen proxectado.
Nos temos gastado o diñeiro que non temos en facer alegacións a un proxecto que non cumpre coa lexislación vixente.
Onde está o beneficio para a veciñanza cando os terreos e as vivendas ubicados ata a 3 kilometros do parque van a perder sobre o 30% do seu valor actual?.
Que beneficio económico positivo pode ter sobre o rural galego cando o espazo forestal e agrario quedará dependente do macroparque por 30 anos prorrogables?.
En que poden favorecer as interferencias no uso do solo, en relación ao uso gandeiro, agricola e forestal?.
Deberíamos estar falando da importancia de recuperar a soberanía alimentaria despois de que a crise da pospandemia axuntada a crise enerxética teña demostrado a importancia de non ter dependencia das importacións.
Acaso o grabe impacto no paisaxe non afectará ao sector turístico que aínda que moi desaproveitado pode ser un motor no futuro do rural.
Ademáis está o impacto sobre a auga, fontes, caudais, traidas, etc,
E non menos importantes son os nefastos efectos sobre a saúde.
O ruido insoportable e constante ten graves efectos sobre a saúde fisica e mental das persoas.
O «efecto discoteca» do parpadeo de sombras das aspas en movemento sobre as casas.
Os aeroxeneradores non son bos para o ser humano. Levantar estos parques tan perto da poboación é un atentado contra a saúde.
Ninguén vai querer vivir nun Parque Eólico,
As interferencias que dificultan o funcionamento dos sistemas de telecomunicación, radionavegación aerea, e dos radares.
Esixte o perigo de accidentes polo desprendemento de pezas.
Tamén afectan a flora e  fauna pois todos os anos morren miles de animais como consecuencia da producción de enerxía eólica.
Os megaproxectos eólicos proxectados son un atentado contra a xente do rural por moito que se repitan mentiras como que aportan postos de traballo, esa é outra gran mentira, máis ben debemos decir que se destrúe un sector máis, o sector primario que nos dá de comer a todos.
EÓLICOS AQUÍ NON!
EÓLICOS ASÍ NON!
André Abeledo Fernández (Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña).

Opinión /