A CIG reitera a demanda dun incremento do SMI ao 60% do salario medio, como recomenda a Carta Social Europea
Cifra a contía nos 1.212€, tendo en conta que o salario medio do Estado español foi de 28.301€.

Ante a inminente subida do salario mínimo por parte dos sindicatos estatais e o goberno e a patronal a CIG reitera que a única contía admisible é a de 1.212€ que é a cantidade que se corresponde co 60% do salario medio do Estado español que é, neste ano, de 28.301€.
Segundo explica o secretario confederal de Emprego, Francisco González Sío, o cálculo desta contía é o resultado do módulo salarial que realiza o Ministerio de Facenda cruzando os ingresos dos traballadores/as cos datos da Tesourería da Seguridade Social, “no como fai o grupo de expertos do goberno que emprega enquisas e non datos de ingresos reais”.
Para González Sío, equiparar o SMI á Carta Social Europea “significa quitar das rendas do capital cara as rendas do traballo e, polo tanto, mellorar as condicións de vida de decenas de miles de traballadoras e traballadores galegos”.
O secretario confederal de Emprego da CIG subliña ademais que está demostrado que subir o salario mínimo profesional non crea desemprego, senón que, polo contrario reactiva a economía. “Xa está ben, a adhesión á Carta Social Europea na súa versión máis actualizada non pode quedar nun simple acto simbólico. O goberno non a pode estar incumprindo sistematicamente”.
Relacionado
Información en la que puede confiar:
Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com
