Redacción •  Galicia •  30/12/2022

CCOO defende un SMI de 1.082 euros que beneficiará ao redor de 2,27 millóns de traballadores

Os efectos que tería unha subida do SMI a 1.082 euros brutos mensuais en 14 pagas, poñería a Galicia na quinta CCAA con maior incidencia no SMI que CCOO demanda.

CCOO defende un SMI de 1.082 euros que beneficiará ao redor de 2,27 millóns de traballadores

O Gabinete Económico confederal de CCOO realizou unha análise sobre o impacto da subida do SMI a 1.082 euros, concluíndo que beneficiará ao redor de 2,27 millóns de persoas asalariadas, sen efectos negativos sobre o emprego e contribuíndo a unha mellora da cohesión social.

A estimación feita polo Gabinete conclúe que esta subida do SMI beneficiará ao redor de 2.272.000 persoas asalariadas, da cales 1.926.000 traballan a tempo completo e 348.000 traballan a tempo parcial.

O aumento do SMI axudará a pechar a brecha salarial entre xéneros. Do total das persoas beneficiarias a tempo completo, o 57,5% son mulleres e os 43,5% homes.

As persoas máis novas estarán entre as máis beneficiadas pola subida. O 31,7% da poboación de 16 a 24 anos que traballa a xornada completa e o 19,2% da poboación de 25 a 34 anos que traballa a xornada completa veranse beneficiadas pola subida.

O 46,9% da poboación asalariada a xornada completa na agricultura verase beneficiada pola subida do SMI. No sector servizos, que concentra o groso da poboación beneficiada (77%), o 14,5% de persoas asalariada a xornada completa mellorarán os seus ingresos.

O 21,6% das persoas asalariadas con contrato temporal beneficiaranse da subida, fronte a un 11,5% dos contratos indefinidos.Así, pois, o perfil do principal beneficiario/beneficiaria da subida do SMI será unha muller entre 16 e 34 anos cun contrato temporal, que traballa na agricultura ou o sector servizos e que vive en Andalucía.

CCOO lembra que, tal e como recolle o segundo informe da Comisión Asesora para a Análise do SMI, o impacto das subidas do SMI sobre o emprego no contexto internacional e nacional permite concluír que “as subidas tiveron un impacto marxinal sobre o crecemento do emprego, minorando, no peor dos casos, de forma moi pouco intensa o seu aumento, á vez que contribuíron a reducir a pobreza e a desigualdade”.

Así mesmo, o Gabinete Económico de CCOO sinala que o salario mínimo español, a pesar dos seus recentes aumentos, segue estando na parte baixa da clasificación de países da OCDE.


Salario Mínimo Interprofesional (SMI) /