Redacción •  Galicia •  29/04/2021

Asamblea Republicana Galega: «Contra a fascistización da sociedade»

A Asemblea Republicana Galega condena as ameazas de morte enviadas por membros da facción da oligarquía máis reacionaria porque supón un atentado contra os dereitos e as liberdades do pobo traballador.

Asamblea Republicana Galega: «Contra a fascistización da sociedade»

Comunicado

O día 22 de abril, María Gámez, directora xeral da Guardia Civil; Fernando Grande-Mar- laska, ministro do Interior; e Pablo Iglesias, ex vicepresidente do goberno, recibiron ameazas de morte a través dunhas cartas, que levaban anexas catro balas militares cada unha, en que se lles instaba a dimitir. Recentemente, Reyes Maroto, ministra de Industria, recibía unha navalla ensanguentada. Os medios de comunicación do capital invirten os seus esforzos en encontrar o que, según eles, é un problema de seguridade no protocolo para facer chegar as cartas aos Ministerios. A clase obreira e a esquerda rupturista non poden caer nesa falsa pesquisa, como se o inimigo fascista estivese intentando coarse nas institucións. O inimigo fascista nunca marchou e segue sendo o responsábel de salvagardar a integridade da dicta- dura do capital, representado no Estado español por unha monarquía corrupta heredeira do franquismo.

Estes feitos enmárcanse nun contexto de fascistización do panorama parlamentario como resposta aos fracasos da socialdemocracia e do neoliberalismo para xestionar as sucesivas crises sistémicas que o capitalismo experimentou desde o 2008. O fascismo é un as na manga da mal chamada democracia burguesa para asegurar o seu estatus hexemónico sobre a clase traballadora, por iso non é posíbel combatelo desde posicións de reconciliación entre clases e, moito menos, desde o marco constitucional imposto polos heredeiros do franquismo. A existencia dunha monarquía parasitaria, a lei Mordaza, a lei de Extranxería, e os acordos co Vaticano e coa OTAN son exemplos dos crímenes que permite a Lei burguesa.

A Asemblea Republicana Galega condena as ameazas de morte enviadas por membros da facción da oligarquía máis reacionaria porque supón un atentado contra os dereitos e as liberdades do pobo traballador. Porén, non podemos esquecer que este goberno que hoxe recibe un golpe do fascismo é o mesmo que envía as súas tropas contra os manifestantes de Vallecas, o mesmo que cala cando uns militares xubilados ameazan con fusilarnos, o mesmo que envía artistas á cadea por expresar as súas ideas, o mesmo que lle pon prezo á nosa saúde. Nesta batalla combaten dúas faccións da burguesía e a clase traballadora será sempre a prexudicada. A Asemblea Republicana Galega fai un chamamento ao pobo traballador a organizarse para crear unha alternativa política contra a reación, o fascismo, a monarquía e a dictadura do capital.

CONTRA O FASCISMO, NIN UN PASO ATRÁS!

ABAIXO O RÉXIME DO 78!

QUE VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!