Redacción •  Galicia •  22/07/2026

Levan ao Parlamento Galego as recomendacións científicas silenciadas e non atendidas no Proxecto de Lei de Educación dixital

  • Adolescencia Libre de Móbiles, Escola Saudable de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa comezaron con Aitor Bouza Manso, voceiro en materia de educación do Grupo Parlamentario Socialista, unha roda de encontros informativos.
  • Voceiras destas asociacións mostraron ao representante do PsdG os mitos tecnolóxicos na proposición de lei, que, lonxe dos criterios científicos e das recomendacións das sociedades científicas, desprotexen a infancia e mocidade nos eidos da aprendizaxe, saúde e privacidade.
  • Aitor Bouza comunícalles o seu interese de coñecer de primeira man ditas alertas e recomendacións e de como atenderllas no proceso de tramitación da mencionada lei de educación dixital de Galicia.
Levan ao Parlamento Galego as recomendacións científicas silenciadas e non atendidas no Proxecto de Lei de Educación dixital

O 15 de xullo no Parlamento Galego, Adolescencia Libre de Móbiles, o programa escuelasaludable.org de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa, presentaron ao deputado Aitor Bouza, as 30 consideracións ao proxecto de Lei de educación dixital de Galicia que identifican os mitos tecnolóxicos que sustentan dito proxecto de lei, e desprotexen as persoas menores por non atender ao coñecemento científico e as recomendacións de paneis/institucións expertas (Suecia, Canadá, Francia, España, …), nin as recomendacións das principais sociedades científicas a nivel estatal do eido da medicina e a psicoloxía:

Sobre os efectos negativos coñecidos na aprendizaxe: Se informes como os PISA, mostran claramente peor rendemento académico a maior uso de pantallas na aula, paneis de persoas/institucións expertas desvelan como a introdución precoz de pantallas nos menores diminúe a concentración, a memoria de traballo, a lecto-escritura, o desenvolvemento da linguaxe, a calidade das aprendizaxes -máis superficiais e acríticos-; así como compite (rouba oportunidades) coas interaccións humanas necesarias na maduración e a aprendizaxe profunda.

Sobre os efectos negativos coñecidos no uso precoz de pantallas na saúde e desenvolvemento: No neurodesenvolvemento: retraso na linguaxe e psicomotor, menor desenvolvemento cognitivo e coeficiente intelectual, dificultade na xestión emocional e no desenvolvemento da autorregulación, menor volume cerebral en áreas clave -temporal, parietal, frontal-, deterioro da memoria de traballo e aumento da impulsividade, hiperactivación do sistema límbico, dificultade no desenvolvemento do control de impulsos, deterioro da atención sostida.

Na saúde mental: Condutas adictivas, depresión, ansiedade, problemas de concentración, baixa autoestima, trastornos alimentarios, alteracións do sono, pensamentos / prácticas suicidas…) e física (obesidade, risco cardiometabólico, fatiga visual, miopía, peores habilidades motoras, alteracións musculoesqueléticas,…),

Informaron igualmente a Aitor Bouza de como o proxecto de Lei Dixital de Galicia, é incompatíbel coas recomendacións da Asociación Española de Pediatría (AEP), asumidas na actualidade por, ao menos, 17 sociedades científicas da medicina e da psicoloxía: establecer tempos máximos de pantallas (non usar pantallas até os 6 anos, non máis dunha hora ao día entre os 7 e os 12 anos, e dúas horas a partir dos 13 anos, incluíndo o horario escolar), postergar o primeiro smartphone e o acceso a redes sociais até os 16 anos, e educar no dixital (e preparar para un mundo dixital) sen introducir ao alumnado como usuario de dispositivos, redes nin plataformas.

As voceiras das organizacións de familias, profesionais sanitarios, docentes e ecoloxistas, subliñaron que a innovación no eido educativo (e na protección dos menores) atópase nunha desescalada dixital nas aulas, non na introdución disruptiva de pantallas nunha poboación infantoxuvenil, máis vulnerábel a súa fascinación adictóxena e o roubo da atención. Mostraron como metodoloxías sen pantallas favorecen, en maior medida, o desenvolvemento do pensamento computacional e da competencia dixital dende unha perspectiva crítica. Reivindicaron as escolas como refuxios libres da omnipresenza das pantallas, onde prime o analóxico e se potencien metodoloxías activas, investigativas e participativas.
Sobre a desprotección na privacidade

Informaron igualmente ao deputado do PsdG de como o proxecto de lei, segue a permitir no ensino uns servizos dixitais das grandes compañías tecnolóxicas, incompatíbeis coa a privacidade. O propio uso do paquete ofimático de Microsoft usado nas aulas, xa foi desautorizado recentemente pola Autoridade de Protección de Datos austríaca por rastrexar ilegalmente ao alumnado e non dar acceso total á información recompilada.
Alentaron ao voceiro do PsdG a defender a migración progresiva a software libre de sistemas operativos e ferramentas dixitais, e formas reais de control da privacidade en plataformas, comunicacións, etc.

Sobre a “sordeira” da Xunta ao actual coñecemento científico

Adolescencia Libre de Móbiles, “Escola Saudable” de Ecoloxistas en Acción e a Asociación Educación Activa informaron a Aitor Bouza sobre o cambio de paradigma e a desescalada dixital xa iniciada nos países nórdicos pioneiros na dixitalización (Suecia, Finlandia, Dinamarca e Noruega), seguidos, en diferente grao, por outros países europeos, ou en diferentes Estados de EE.UU (actualmente en 5 e 10 en proceso, co apoio de familias, sindicatos docentes e apoios transversais nos seus respectivos parlamentos).

En España, a comunidade catalá comezou este curso retirando pizarras dixitais dá etapa infantil (0-6 anos), comunidades como a cántabra (orde autonómica), a valenciana (proxecto de orde), a balear (currículos escolares), tamén propoñen a retirada nesta etapa. Comunidades autónomas como a madrileña ou a catalá reverten a introdución de dispositivos dixitais individuais (DDI) até a ESO ou até 6º de primaria, respectivamente. O tempo de uso de DDI xa foi reducido recentemente regulando segundo a etapa, de 1 a 2 horas/día na comunidade murciana, entre 2-4 horas en primaria e 2-4 horas/día en secundaria na comunidade aragonesa, e, no caso dos dispositivos dixitais compartidos (DDC), entre 1 ou 2 horas á semana na comunidade madrileña no eido do ensino primario.


digitalización / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com