Redacción •  Galicia • 15/09/2020

O problema dos incendios forestais segue sen abordarse a nivel galego, denuncia a SGHN

A organización conservacionista reclama unha vontade firme para abordar esta problemática que «hai case un século que comenzou a xermolar».

O problema dos incendios forestais segue sen abordarse a nivel galego, denuncia a SGHN
A SGHN reclama unha vontade firme para abordar a problemática dos lumes en Galicia / Creative Commons

Os lumes afectan a 15 de setembro a trece municipios da provincia de Ourense e superan xa as 8.000 hectáreas queimadas. As situacións máis complicadas rexístranse en Vilariño de Conso, onde continúa a situación de Alerta 2 superando as 2.000 hectáreas, ao igual que o de Lobios, declarado o pasado sábado no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Ademáis destes, hai focos activos noutros sete concellos ourensanos (Cualedro, Rairiz de Veiga, Vilardevós, Manzaneda, A Mezquita y Laza), mentres que están estabilizados os de Vilar de Barrio, A Gudiña e Muíños e baixo control o declarado na localidade de Maceda.

A Sociedade Galega de Historia Natural ven de denunciar, pola súa banda, que o problema dos lumes en Galicia «hai case un século que comenzou a xermolar», pasando 45 anos «desde que estoupou con toda a súa intensidade». Aínda así, a entidade considera que o problema de base dos incendios forestais en Galicia «segue sen resolverse e nin siquera abordarse».

Para a SGHN «está claro que nin con máis medios nin con máis tecnoloxía nin con máis cartos as autoridades son capaces de rematar con esta lacra» pois «de non querer entrar a fondo na base social dos lumes, nunca os venceremos».


Redacción /  SGHN /  Sociedade Galega de Historia Natural /