Redacción •  Galicia •  14/08/2026

BNG reclama unha estratexia de xestión da auga para protexer o sector agrogandeiro fronte ao cambio climático

Ante os episodios de seca cada vez máis intensos, o Bloque pide converter a planificación dos recursos hídricos nunha prioridade de País.

Sonia Vidal: “O debate é se Galiza está preparada para producir alimentos nun escenario no que a dispoñibilidade de auga é cada vez máis limitada”.

BNG reclama unha estratexia de xestión da auga para protexer o sector agrogandeiro fronte ao cambio climático

O BNG advirte que os efectos do cambio climático teñen un impacto crecente no sector agrogandeiro con episodios de seca que cada vez son máis frecuentes e intensos, provocando perdas económicas e graves problemas na viabilidade das explotacións. 

A escaseza de auga xa está provocando a caída drástica da produción de forraxe e unha redución alarmante dos recursos hídricos, ante a que a formación nacionalista pide unha intervención urxente da Xunta para atallar os problemas inmediatos derivados da seca.

«A situación deste verán é especialmente preocupante con explotacións gandeiras que xa están usando as reservas de forraxe previstas para alimentar o gando durante o inverno; o millo forraxeiro acumula caídas en distintas zonas de cultivo do País; os mananciais presentan cada ano menores caudais e esgótanse antes obrigando ás explotacións a buscar alternativas ou a asumir novos custos”, enumera a portavoz parlamentaria de agricultura Sonia Vidal.

Neste contexto de cambio climático, “os e as agricultoras dependen cada vez máis dunha boa xestión da auga para poder manter a produción porque é evidente que non estamos ante un problema puntual senón estrutural”, alega, e polo tanto non chega con reaccionar ante cada episodio, “senón que o goberno da Xunta ten que anticiparse con planificación”.

Para o Bloque o debate non está xa en se chove máis ou menos, “o debate é se Galiza está preparada para producir alimentos nun escenario onde a dispoñibilidade de auga será cada vez máis limitada”, recalca a responsable de Agricultura, “estamos a falar dun problema urxente que require unha estratexia na que a planificación dos recursos hídricos ten que ser unha prioridade de País”.

“Galiza necesita unha estratexia estable de adaptación do sector primario ao cambio climático que teña como piares a planificación dos recursos hídricos, a prevención, a innovación e o asesoramento técnico para garantir o futuro da produción alimentaria galega”, resume a deputada nacionalista.

Demostrando unha enorme capacidade de adaptación, os produtores galegos reaccionan cambiando cultivos, optimizando recursos, con investimentos nas explotacións e buscando solucións para seguir producindo. “Pero quen non se adapta é o Goberno do PP”, denuncia Vidal, “que continúa sen unha estratexia para afrontar unha realidade que xa non é excepcional, que se repite cada ano con máis intensidade”.

O impacto do cambio climático sobre o sector agrogandeiro non ven só a través da seca, tamén está modificando o comportamento das pragas e das enfermidades debido aos cambios bruscos de temperatura, aos períodos prolongados de calor ou ás choivas intensas concentradas en poucos días, que crean condicións cada vez máis favorables para o desenvolvemento de fungos e pragas.

“Hai problemas cos que o sector xa convivía, como o verme soldado ou enfermidades fúnxicas como o mildeu, pero a frecuencia, intensidade e dificultade para o seu control están aumentando e non abonda con responder cando aparece unha praga, ai que mellorar a prevención, o asesoramento técnico e os sistemas de alerta temperá”, explica Vidal.

O BNG xa presentou no Parlamento diferentes iniciativas ante este escenario, reclamando unha planificación da auga, a mellora da eficiencia dos regadíos, reforzo do asesoramento técnico e medidas para facer máis resiliente o sector fronte aos novos escenarios climáticos. E tamén puxo sobre a mesa a urxencia de establecer mecanismos permanentes de coordinación entre a administración e os distintos sectores produtivos para anticiparse aos riscos climáticos e sanitarios e actuar antes de que os danos sexan irreversibles. 


calentamiento global /  cambio climático / 

Información en la que puede confiar:

Reuters, la división de noticias y medios de comunicación de Thomson Reuters, es el mayor proveedor de noticias multimedia del mundo, con un alcance diario de miles de millones de personas en todo el mundo. Suscríbase a nuestro boletín informativo diario gratuito: thomson@reutersmarkets.com